O PODER DAS FLORES Breixo
Este mel de breixo colléitase na contorna do Val do Ouro (Alfoz). Gañador da distinción de Prata na categoría de Meles monoflorais nas Catas de Galicia 2023.
OURO PURO
Mel de breixo de cor ámbar escura ou escura con tons vermellos procedente da comarca luguesa do Valadouro, galardoada coa distinción de Ouro na categoría de Monoflorais na edición 2021 das Catas de Galicia.
MEL O CORTIZO
Mel en estado líquido de cor ámbar escura, procedente dos montes de Zobra, entre a Serra do Candán e os montes do Testeiro, onde predominan el breixo, o castiñeiro e a silva. Galardoado coa distinción de Prata nas Catas de Galicia 2021.
O TROBO MEL DO VALADOURO
Mel multifloral procedente da comarca luguesa da Mariña, composta de aromas de breixo, eucalipto e silva. Galardoado coa distinción de Bronce nas edicións 2020 e 2021 das Catas de Galicia.
MEL O TESTEIRO
Mel de castiñeiro en estado líquido, de cor ámbar, con moita fluidez, procedente da Serra do Candán. Obtivo a distinción de Prata na categoría de meles Monoflorais nas Catas de Galicia 2021 e de Bronce nas do 2020.

