Noelia Bebelia
Adega San Salvador de Soutomaior, S.L.
DO Rías Baixas
DO Rías Baixas
Lourido, 3
36690 Soutomaior
Pontevedra
653 172 160
https://www.noeliabebelia.com
info [at] noeliabebelia.com (info[at]noeliabebelia[dot]com)
No ano 2010 Noelia e Simón propóñense recrear, totalmente desde cero e sen condicionantes previos, un viño que reflectise a esencia dos “históricos” albariños de Soutomaior, na denominación de orixe Rías Baixas. Apoiándose nun equipo multidisciplinar, van definindo todos os detalles técnicos. Desde a localización do viñedo aos métodos de elaboración. Calquera detalle que puidese determinar o carácter resultante do viño, por diminuto que este fose, sométese a análise rigorosa polo equipo. Seis anos máis tarde verían a luz as primeiras botellas de Noelia Bebelia. Este fito supoñerían un cambio de paradigma na interpretación da variedade albariño e daría lugar ao que xa é coñecido como “estilo” Noelia Bebelia. Desde entón outras adegas tentaron imitar o seu estilo, sen conseguir ata o momento alcanzar a concentración e marcado carácter do seu albariño.
Pequena adega cunha producción de 25.000 botellas que elabora a partir dunha soa finca propia de 3 ha.
NOELIA BEBELIA ALBARIÑO Variedades:Albariño 100 %. Leira:Viñedo propio Candán Elaboración:Prensado directo, sen estrujado.
Pretendemos reflectir da forma máis honesta posible a expresión da variedade albariño na nosa leira.
NOELIA BEBELIA SOBERBIOSO Variedades:Albariño 100 %. Leira:Viñedo propio Candán Elaboración:Fermentación e crianza de 4 meses en barricas de carballo de 500 l.
Fermentado en barricas de carballo usado de 500 l. coa pretensión de dotar ao viño dunha capacidade extra de envellecemento.
NOELIA BEBELIA PREGUICEIRO Variedades:Caiño, sousón e brancellao Leira:Viñedo propio Candán Elaboración:Fermentación alcohólica en aceiro inoxidable, fermentación maloláctica en barrica de carballo usado.
Elaborado unicamente aqueles anos nos que o clima de rias Baixas permite unha boa maduración fenólica e lignificación de partes verdes do acio.
Lourido, 3 · 36690
Soutomaior · Pontevedra