Jorge Feijoo

Adega Vella
A miña adega

Esta é unha adega con historia, as súas paredes pertencen a unha edificación do século XII que pertenceu á igrexa ata o século XIX que pasou aos antepasados da familia e se utilizo ata o século pasado como unha casa de agricultores. Está restaurada mantendo a estrutura intacta e sen romper en ningún momento a esencia da casa, dándolle utilidade a todas as estancias.

Empezamos a traballar no ano 2005, contando coa herdanza dunha casa que data do século XIX, case en ruínas e que aos poucos imos restaurando, todo en pedra e madeira, mantendo a estrutura da típica casa de labregos.

Tentando cada día seguir coa tradición de elaborar os nosos viños o mais artesanal posible e lembrando como se facía a o viño antigamente, pisandoo cos pés e movendoo cada día á man durante a súa  fermentación.

Adega Vella
Os meus produtos

Nesta adega prima a calidade e o facer o “viño de sempre”, saboroso e que convide a bebelo:

Quitapesares é unha das nosas xoias que  mostran a boa evolución que pode ter a variedade mencía no tempo, cunha aposta incrible tanto no viñedo como na súa elaboración. É un viño para compartir e gozar, para beber neses momentos que queremos diferenciar e lembrar na nosa vida.

In Memoriam é un viño orixinal que se fermenta de maneira tradicional, pisado cos pés e fermentado co raspón do acio en barricas novas de carballo francés  e unha ánfora de barro  e que despois repousa nunha barrica durante de 12 meses.

1904, atopámonos cun gran viño Godello que sae do perfil dos brancos galegos aos que estamos afeitos.

Golosina, merenzao 100%, unha elaboración única que permite extraer das uvas frescor e expresión desta incrible e escasa variedade, podemos dicir que é a irmá do godello pero en tinto, é unha variedade tánica con moi pouca cor pero con moita complexidade. 

Atópanos

Enderezo

Eirexa, 14 · Abeleda
32765 A Teixeira
Ourense

Coordenadas
42.395455445493, -7.4399090211

Queres estar á última das experiencias calidade?