EDUARDO PEÑA. LA VISTA
Bodega Eduardo Peña
DO Ribeiro
D.O. Ribeiro
Rosalía de Castro, s/n (Lugar de Barral)
32430 · Castrelo de Miño
Ourense
629 872 130
bodega [at] bodegaeduardopenha.es (bodega[at]bodegaeduardopenha[dot]es)
Son Eduardo Peña, propietario da adega de colleiteiro Eduardo Peña en Barral, Castrelo de Miño da D.O. Ribeiro. Producimos os nosos viños só coas uvas que cultivamos nas nosas dez hectáreas e apostamos pola calidade fronte á cantidade. O noso sistema de produción é o máis natural posible, usamos ovellas para a roza da leira e o menos posible de produtos químicos, así mesmo controlamos o proceso en todo momento desde a produción de uva, ata a comercialización.
MARÍA ANDREA
Viño branco elaborado coas variedades 50% Treixadura, 25% Albariño e 25% Loureira
Fase visual: Cor amarela pálida con reflexos verdes. Boa bágoa.
Fase olfactiva: Apréciase froita branca, mazá, pera, notas cítricas e de céspede recentemente cortado que lembran aos aromas da uva ao estrullala durante a vendima. Limpo e varietal.
Fase gustativa: Boca saborosa, aveludada e glicérica. Boa acidez que o equilibra e lle aporta esa frescura que os viños brancos precisan para manterse e incluso mellorar co tempo. Ben estruturado e doado de beber, froiteiro e con certas notas especiadas.
Maridaxe: Mariscos, pescados e carnes brancas.
EDUARDO PEÑA
Elaborado con: Treixadura, Albariño, Loureira, Godello e Lado
Fase visual: Cor amarela palla con reflexos verdes. Limpo, transparente, brillante e de boa bágoa.
Fase olfactiva: Nariz de gran intensidade, onde os aromas primarios son os grandes protagonistas. Mandarina, pera, albaricoque e pexego, sumados a cítricos, notas de flores bancas, de rosas e flor de laranxa trazan unha fragrancia elegante, limpa e varietal. Perfil terpénico.
Fase gustativa: Equilibrado, saboroso e fresco. Cunha acidez natural que realza todos eses sabores a froitas e flores que describimos antes. Boa suavidade e estrutura. Retronasal moi limpo, froiteiro e longo.
Harmonía: Con todo tipo de pescado, arroces, aves, carnes brancas e incluso sobremesas.
EDUARDO PEÑA. LA VISTA
Elaborado con Albariño e Treixadura.
Fase visual: Cor amarela verdosa, limpa, transparente e brillante. Lágrima abundante.
Fase olfactiva: Nariz de intensidade alta. Cítricos e flores de laranxeiro, mandarina, froita de pelo, pexego e mango, ben ensamblados con notas balsámicas e de panadaría.
Fase gustativa: Boca de boa estrutura. Denso, untuoso, glicérico e á súa vez moi fresco. Cunha acidez ben marcada, moi froiteiro e longo.
Harmonía: Pescados, arroces, aves, carnes, caza e incluso sobremesas.
Rosalía de Castro, s/n (Lugar de
Barral)
32430 · Castrelo de Miño
Ourense