Elixiches esta experiencia...
MARÍA ANDREA
Bodega Eduardo Peña
DO Ribeiro
Viño branco elaborado coas variedades 50% Treixadura, 25% Albariño e 25% Loureira
Cor amarela pálida con reflexos verdes. Boa bágoa.
Apréciase froita branca, mazá, pera, notas cítricas e de céspede recen cortado que lembran aos aromas da uva ao estruxala durante a vendima. Limpo e varietal.
Boca sabrosa, aveludada e glicérica. Boa acidez que o equilibra e lle aporta esa frescura que os viños brancos precisan para manterse e incluso mellorar co tempo. Ben estruturado e doado de beber, froiteiro e con certas notas especiadas.