EDUARDO PEÑA
BODEGA EDUARDO PEÑA
DO Ribeiro
Viño branco elaborado coas variedades: Treixadura, Albariño, Loureira, Godello e Lado.
Cor amarela palla con reflexos verdes. Limpo, transparente, brillante e de boa bágoa.
Nariz de gran intensidade, onde os aromas primarios son os grandes protagonistas. Mandarina, pera, albaricoque e pexego, sumados a cítricos, notas de flores bancas, de rosas e flor de laranxa trazan unha fragrancia elegante, limpa e varietal. Perfil terpénico.
Equilibrado, saboroso e fresco. Cunha acidez natural que realza todos eses sabores a froitas e flores que describimos antes. Boa suavidade e estrutura. Retronasal moi limpo, froiteiro e longo.