Elixiches esta experiencia...
Gran Bazán. Limousin 2019

GRAN BAZÁN. LIMOUSIN

Bodegas Granbazán
DO Rías Baixas

Amarelo palla intenso, moi brillante e con reflexos de cor ocre.

En nariz resulta explosivo, concentrado, de aromas a froitos de óso deshidratados, figos secos, café, mazapán, marrón glacé, lixeiramente especiado produto da súa crianza en barrica.

De entrada é de acidez marcada, nervio e frescor. O seu corpo é medio, lixeiro, á vez que saboroso, dominando o sal dende o seu punto medio de boca ata o seu longo final.

Maridaxe: Pescados ao forno ou guisados, carnes brancas ou vermellas, asados cos seus zumes, queixo DOP ArzúaUlloa e similares.

A perla do predio Tremoedo é o fermoso edificio de Bodegas Granbazán, adega fundada en 1981, con marcada influencia do château francés, agora recuberta de azulexos azuis cun xesto ás casas indianas galegas. A adega, de estilo neoclásico, está semienterrada e orientada cara ao norte, mantendo temperaturas constantes e frescas durante todo o ano. Bodegas Granbazán nace da man dun ambicioso proxecto vitícola cuxo obxectivo era lograr uns viños capaces de conter de maneira fiable as privilexiadas condicións climáticas destas terras, o que dá como resultado un Albariño único no mundo. Protagonista dunha importante revolución agroindustrial, actualmente a adega é un referente en I+D+I no campo da viticultura e da enoloxía.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA GRANBAZÁN

Experiencia Granbazán.

Ofrecemos visitas guiadas con cata dos nosos viños, xantares con menú degustación e eventos como comuñóns, vodas e  bautizos. Traballamos con cociñeira propia desde fai 18 anos, e con cociña tradicional galega.
Tenda. Visitas guiadas e catas comentadas, con cita previa.

Máis detalle das nosas experiencias

Enoturismo

 

Ponlles cara

Adolfo Picáns. Adegas Granbazán

Atópanos

Enderezo

Tremoedo, 46
36628 · Vilanova de Arousa
Pontevedra

Contacta

Teléfono

986 555 562

Correo Electrónico
agrodebazan@agrodebazan.com

Queres estar á última das experiencias calidade?