PAZO DE RUBIANES 2023
Pazo de Rubianes
DO Rías Baixas
DO Rías Baixas
Rúa do Pazo, 7 Rubianes
36619 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
986 510 534
https://www.pazoderubianes.com
info [at] pazoderubianes.com (info[at]pazoderubianes[dot]com)
A comezos dos anos noventa inicio a miña actividade profesional como enxeñeiro agrónomo e director do Pazo de Rubianes co obxectivo de recuperar o parque botánico do predio e a explotación vitivinícola que actualmente conta cunhas 25 hectáreas, e que se sitúa no corazón da denominación de orixe Rías Baixas.
O axardinamento do Pazo de Rubianes iníciase a finais do século XVII cun proxecto que abarca a contorna máis próxima ao pazo pero a paixón pola xardinería foise contaxiando de pais a fillos durante o XVIII e XIX ata a actualidade.
A mediados da década do 2000 comezamos un proxecto moi ambicioso coa creación do roteiro da camelia amparada pola Xunta de Galicia, Turismo de Galicia e outros pazos do atlántico galego.
O obxectivo do roteiro é poñer en valor o patrimonio botánico coa camelia como xoia e principal protagonista.
A partir do ano 2010 ábrense as portas aos visitantes creando unha serie de roteiros co obxectivo de instaurar un proxecto enoturístico con dúas vertentes, a botánica e a vitivinícola, poñendo en valor os 600 anos de historia do Pazo de Rubianes.
Inmediatamente despois recuperamos a elaboración do viño feito unicamente con uvas do propio predio do Pazo de Rubianes que achega un carácter exclusivo.
Este carácter singular dos viños e unha serie de elementos diferenciadores que, arroupados por un patrimonio histórico de 600 anos e un excelente patrimonio botánico, converten o Pazo de Rubianes nunha adega única en Galicia e probablemente en toda España.
A adega de Pazo de Rubianes é un proxecto integral único e diferencial e converteuse nun dos referentes do enoturismo de Galicia.
A pesar de que a adega foi construída no século XV os viños de Pazo de Rubianes non destacan por unha espectacular construción de adega, nin polas súas magníficas instalacións, é o noso viñedo, o coidado durante todo o ano e a dedicación e sensibilidade que se pon na elaboración dos viños o que os fai únicos e diferentes.
Unha uva que nace entre camelias e na contorna dun xardín histórico, o esmero e agarimo que se pon no coidado deste patrimonio botánico trasládase aos nosos viños.
Un viño que nace entre camelias e na contorna dun xardín histórico, o esmero e agarimo que se pon no coidado deste patrimonio botánico trasládase aos nosos produtos:
Pazo de Rubianes, o albariño das camelias, viño emblemático da adega que logra a máxima expresión dun viñedo excepcional baseado na gran calidade da variedade Albariño. Elaborado con esmero, tranquilidade e co tempo necesario, nunca menos de 9 meses, xorde este viño con crianza sobre lías de 3 meses.
1411, viño de parcela, froito da procura da excelencia nace o noso primeiro viño de parcela elaborado a partir da uva do viñedo máis oriental do predio, a primeira en recibir as raiolas do sol cada mañá "O Bacelo". Parcela de 3 hectáreas da que seleccionamos 6 000 kg de uva de cada colleita para conmemorar o ano de fundación do Pazo Rubianes, 1411.
García de Caamaño, o noso xardín na botella, viño que recibe o nome do fundador da Casa de Rubianes, D. García de Caamaño. Este albariño de 2 anos é a máxima expresión dun viñedo orgulloso e emblemático das Rías Baixas. Con el preténdese dar a coñecer a excepcional evolución desta variedade cando se leva ao punto óptimo de maduración e se elabora con esmero, dedicación e paciencia que necesitan as grandes creacións.
Rúa do Pazo, 7 · Rubianes
36619 · Vilagarcía de Arousa
Pontevedra