1932 de Pazo Vieite 2018
Pazo de Vieite, S.L
DO Ribeiro
D.O. Ribeiro
Crtra. Ribadavia a Carballiño · Km.6
Vieite · 32419 · Leiro · Ourense
988 488 229
https://www.pazodevieite.es
info [at] pazodevieite.es (info[at]pazodevieite[dot]es)
Estamos en Pazo de Vieite no Ribeiro. Chámome Montse López e son a técnica desta adega situada entre os concellos de Leiro e Beade, no corazón da D.O.
Traballo aquí como técnica agrícola dende fai 17 anos, comecei no 2005 cando se inaugurou a adega recen rematados os meus estudos de agrónomos e despóis de facer prácticas na Estación Enolóxica de Galicia, pasando a formar parte desta empresa.
Esta é unha adega industrial e familiar na que forman parte varios socios que apostaron polas variedades brancas da D.O. como a treixadura, godello e loureira que son a base dos nosos viños Farnadas e 1932 de Pazo Vieite.
Eu estou moi satisfeita co meu papel na adega porque conseguín desenrolar o obxetivo que era facer viños de calidade. Estamos contentos porque obtivemos distintos premios e penso que estamos entre os millores viños representativos da D.O. e agradezo a empresa que apostara e confiara en min.
Temos viñedos propios e o noso obxetivo é potenciar e manter a calidade das uvas autóctonas da zona, máis que aumentar a produción.
Espero que vos gusten os nosos produtos e que os disfrutedes.
A adega conta con unhas instalacións espaciosas e maquinaria con tecnoloxía moderna e de aceiro inoxidable: mesa de seleción, despalilladora, prensa neumática de enchido axial, filtro tanxencial e amicróbico,etc, que cumpren todas as garantías de seguridade e higiene alimentarias.
Actualmente ten unha capacidade para 100.000 litros de viño, aunque está diseñada para futuras ampliacións ata os 300.000 litros.
Ademáis, as instalacións están preparadas para recibir visitas ata as 50 persoas, con zona de recepción e venda ao público e unha sala de catas.
Os nosos viños pertecen a Denominación de Orixe Ribeiro.
Temos dous viños: Farnadas e 1932 de Pazo Vieite.
Farnadas: elaborado con 90% de treixadura, 6% de albariño e o 2% de godello e loureira de cor amarelo pálido con reflexos verdosos, brillante e limpo. De alta intensidade, notas de frutos exóticos e de óso e con un fondo de frores. Armónico, equilibrado, fresco e un elegante amargor final.
1932 de Pazo Vieite: de uva 100% treixadura, cor amarelo pálido, reflexos verdosos, brillante e limpo. Aromas primarios varietais, fruta fresca de óso e tropicais. Entrada fresca en boca e sabrosa. Equilibrado e estruturado. Longo e con final amargo característico da treixadura.
Crtra. Ribadavia a Carballiño · Km.6
Vieite · 32419 · Leiro · Ourense