JOSÉ

Chámame José e estou eiqui porque me peta “como di Celso Emilio Ferreiro” a miña dedicación o viñedo é un acto de amor, ainda que a tradición  e a orixe tamén ten algo que ver. Eu nacín o outro lado do río, en pleno Ribeiro onde o cultivo das vides é unha forma de vida, unha tradición e unha cultura.
A adeda chámase Priorato de Razamonde facendo honra a nome da zona, xa que era un Priorato do pobo de Razamonde, da Orde Benedictina que estaba vinculado a Santiago que era o mercado onde se vendia o viño do ribeiro que entraba pola porta de Mazarelos.
Eiquí ademáis de vender viño, enseñamos a adega, a paixase, os nosos viñedos e disfrutamos da amistade dos nosos visitantes os que lles enseñamos a disfrutar do silencio en plena natureza.
As marcas dos nosos viños son Priorato de Razamonde que é o de gama máis alta e Alter, todos eles respetando a máxima calidade e a esencia do Ribeiro.
O que queira coñecer cómo foi e como é o Ribeiro convidámolo a visitar a nosa adega, a degustar os nosos viños e a coñecer a nosa historia pois estaremos encantados de recibilos.
 

Priorato de Razamonde
A MIÑA ADEGA

Priorato de Razamonde é unha empresa familiar ubicada en pleno corazón do Ribeiro, a beira do río Miño, e nace do esforzo e dedicación dunha familia que o longo dos anos, encontrou no viño a mellor forma de transmitir o sabor das súas terras.

O que comenzóu con apenas unha hectárea de terreo, pasou a convertirse nunha adega renovada con patrimonio rústico dunhas 24 hectáreas das cales 20 están de viñedo e as restantes son bosques autóctonos, rutas de senderismo e espazos que acolllen eventos e celebracións.

Coidamos e cultivamos vides de uva branca das castes treixadura, godello e loureira as cales supoñen o 90% da produción e as castes tintas de sousón e brancellao.

Dende a nosa saída ao mecado no ano 2012 e baixo a dirección técnica de Pablo Estévez, traballamos na búsqueda da excelencia, preocupándonos de acadar a mellor calidade para poder ofrecer un viño distinto, que deixe impresionado a quen o probe.

O noso obxetivo é recuperar o sabor e a esencia do Ribeiro, empregando só castes autóctonas e con uvas dos nosos propios viñedos que pasaron polas nosas mans e coidados, garantizando así o control de todo o proceso de producción e elaboración para a obtención dun ribeiro de máxima calidade.

Priorato de Razamonde
OS MEUS PRODUTOS

Os nosos produtos son:

ALTER BRANCO

FRESCURA, EQUILIBRIO E CALIDADE O viño branco Alter está composto polas uvas da variedade Treixadura, Godello e Loureira, seleccionadas coidadosamente dos nosos viñedos. Durante a vendima as nosas uvas son recollidas de forma manual e unha vez chegan a adega pasan polos procesos de despalillado, estruxado e prensado. Posteriormente, realízase a fermentación por separado de cada unha das variedades de uva en depósitos de aceiro inoxidable que finalmente serán ensambladas para obter un viño equilibrado, fresco e con marcado carácter froiteiro.

ALTER TINTO

COMPLEXIDADE, TENACIDADE E HARMONÍA O viño tinto Alter está composto polas uvas da variedade Brancellao e Sousón procedentes dos nosos viñedos situados en Astariz (Castrelo de Miño). As nosas uvas son recollidas manualmente unha vez alcanzan a madurez adecuada. Despois son sometidas a un proceso de despalillado e estruxado. A fermentación leva a cabo en depósitos de aceiro inoxidable con control de temperatura e desta forma obtemos un viño complexo e equilibrado con intensos aromas a froitas vermellas.

PRIORATO DE RAZAMONDE BRANCO

ELEGANCIA, COMPLEXIDADE E PERSISTENCIA O viño branco Priorado de Razamonde está composto pola variedade de uva Treixadura, a variedade máis distinguida do Ribeiro. As nosas uvas recóllense manualmente e son seleccionadas para obter un viño de máxima calidade. Unha vez chegan á adega pasan polos procesos de despalillado, estruxado e prensado. Máis tarde, realízase a fermentación en depósitos de aceiro inoxidable co control adecuado de temperatura para obter un viño intenso, elegante e persistente con notas de froitas frescas e altas sensacións florais.

PRIORATO DE RAZAMONDE TINTO

INTENSIDADE, CARÁCTER E ESTRUTURA O viño tinto Priorado de Razamonde está composto polas uvas da variedade Brancellao e Sousón, variedades autóctonas do Ribeiro. Durante a vendima as nosas uvas son recollidas de forma manual unha vez que alcanzan a madurez adecuada. Máis tarde son sometidas aos procesos de despalillado e estruxado. A fermentación leva a cabo en depósitos de aceiro inoxidable con control de temperatura. Posteriormente, o viño é introducido en barricas de 500 L de carballo francés durante 6 meses. O resultado é un viño estruturado e fresco con intensos aromas a froitas vermellas que destacan sobre sutís notas de crianza.

 

Atópanos

Enderezo

Lugar de Razamonde, s/n · 32459
Cenlle · Ourense

Coordenadas
42.33003, -8.049244

Queres estar á última das experiencias calidade?