Elixiches esta experiencia...
ALTER. Brancellao e Sousón 2018
Priorato de Razamonde, S.L.
DO Ribeiro
Cor vermella granate con excitacións púrpuras.
Complexo en nariz. Presenta intensos aromas a froitas vermellas que predominan nas notas de envellecemento.
En boca resulta equilibrado, limpo, estruturado, de nobre tenacidade e persistencia. Vía retronasal longa.
Maridaxe: ideal para acompañar carnes á brasa ou á grella, arroces e pratos galegos, coma son o polbo ou o lacón con grelos.