Coñecemento da vida adquirido polas
circunstancias ou situacións vividas,
cando estas experiencias van acompañadas
dunha boa mesa, dise que son
EXPERIENCIAS DE CALIDADE
O queixo Cebreiro é un queixo fresco de pasta branca, branda e granulosa, elaborado con leite de vaca, totalmente natural, sen conservantes nin aditivos.
Procedente das zonas con maior tradición queixeira de Galicia, é o queixo con denominación de orixe de maior produción da comunidade autónoma.
A lenda atribúe aos pobos celtas asentados na serra da Cabra e o Xistral a invención deste produto. O queixo San Simón da Costa está elaborado con leite de vaca e afumado con madeira de bidueiro. Iso fai que o seu exquisito sabor suxira noces, un delicado recendo do fume da lareira e un leve aroma ao leite acabado de muxir.
O Queixo Tetilla é o máis coñecido dos queixos galegos.