Elixiches esta experiencia...
Bodegas Ribada Pobre Tolo Mencía

Bodegas Ribada Pobre Tolo Mencía

Bodegas Ribada SL
DO Ribeira Sacra

12,00€

Elaboración: Vendima convencional en caixas. Fermentación a 25 ºC, seguida da fermentación maloláctica tras a alcohólica; o viño trasféghase e déixase repousar ata a clarificación e o embotellado en marzo.

Fase visual: Moi vivo e de gran intensidade cromática; presenta un ton vermello cereixa moi intenso cun brillante bordo azulado, así como bágoas longas e de caída lenta que denotan un viño rico en glicerina.

Fase olfactiva: Nariz moi refinado cunha intensidade que aumenta a medida que o viño repousa na copa; destacan aromas de froita moi madura (cereixa, ameixa, mora), sutís pero persistentes.

Fase gustativa: Estrutura intensa no padal con taninos doces e moi persistentes; viño carnoso e maduro, cunha adstrinxencia moi agradable; final longo e retrogusto intenso característico da variedade de uva.

Adega Ribada fundouse no ano 2005, aínda que a tradición familiar remóntase a varias xeracións. Nas terras de Chantada, o viño forma parte do noso ADN. Para nós, facer viño é moito máis ca transformar unha materia prima: é poñer en valor o traballo das persoas viticultoras, a singularidade das nosas parcelas e a riqueza dunha paisaxe construída ao longo de xeracións.

Ponlles cara

Manuel Calvo Méndez

Atópanos

Enderezo

San Fiz, Chantada. Lugo. 27516 España.

Coordenadas

Contacta

Teléfono

629 830 893 

Correo Electrónico
contacto@bodegaribada.com

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp