Bodegas Ribada Alma Tola Godello
Bodegas Ribada SL
DO Ribeira Sacra
DO Ribeira Sacra
San Fiz, Chantada
Lugo 27516 España
629 830 893
contacto [at] bodegaribada.com (contacto[at]bodegaribada[dot]com)
http://www.bodegaribada.com/
En plena Ribeira Sacra, nas terras de Chantada e máis concretamente, na parroquia de San Fiz, atópase Ribada, a miña pequena adega situada na ladeira norte do río Miño. Fundada en 2005 sobre unha bodega tradicional rehabilitada con materiais da zona (pedra e madeira de castaño).
En Ribada vivimos o viño como unha forma de entender e respectar o territorio. A nosa actividade céntrase na elaboración de viños a partir das uvas producidas na Ribeira Sacra, apostando por prácticas respectuosas co medio ambiente e afastadas dos tratamentos químicos innecesarios. Elaboramos os nosos viños baixo o amparo da D.O. Ribeira Sacra, mantendo sempre o compromiso coa naturalidade, coa calidade e coa identidade propia desta terra.
Para nós, facer viño é moito máis ca transformar unha materia prima: é poñer en valor o traballo das persoas viticultoras, a singularidade das nosas parcelas e a riqueza dunha paisaxe construída ao longo de xeracións. Cada botella de Ribada leva consigo a esencia da Ribeira Sacra, o esforzo das mans que coidan as viñas e o carácter dunha terra única.
Está situada nunha das “ribadas” máis fermosas do río Miño, con viñedos en socalcos (pendentes de ata o 80%) clasificados como viñedos de montaña, onde todo o traballo é manual e sostible.
Co obxectivo de diversificar a actividade económica da adega e incrementar o valor engadido da produción vitivinícola, Bodega Ribada desenvolveu unha actuación destinada a reforzar a súa oferta enoturística mediante unha intervención arquitectónica e paisaxística plenamente integrada na contorna da Ribeira Sacra.
A actuación permitiu crear novos espazos para a recepción, interpretación e degustación dos viños, mellorando a experiencia das persoas visitantes e favorecendo unha conexión máis directa coa paisaxe do Miño e co patrimonio vitivinícola e románico do territorio, precisamente, e xusto enfronte da adega, se pode observar San Estevo de Ribas de Miño.
O proxecto foi concibido baixo criterios de integración paisaxística, sustentabilidade e respecto pola identidade do lugar, converténdose nun elemento de valorización da contorna e nun recurso complementario á actividade produtiva da adega.
Todos os nosos viños son froito dun coidado minucioso na viña e de mimo e tempo en todo o proceso ata que chega á mesa. Traballamos principalmente coas variedades de uvas Mencía e Godello.
Entre os nosos viños destacan expresións como:
Selección Mencía Barrica
Selección Godello
Selección Mencía Rosado
Alma Tola Godello
Pobre Tolo Mencía
Selección Mencía
San Fiz, Chantada. Lugo. 27516 España.