Elixiches esta experiencia...
Bodegas Ribada Selección Godello

Bodegas Ribada Selección Godello

Bodegas Ribada SL
DO Ribeira Sacra

20,00€

Elaboración: Vendima manual en caixas de 20 kg; maceración en frío durante dous días a 4–5 °C, seguida dun prensado suave e un desfangado estático en frío durante 24 horas. A fermentación dura entre 10 e 12 días a 14–16 °C; unha vez rematada, o viño trasfégase e mantense no depósito sobre as súas borras finas ata o momento do embotellado, cando se somete a unha filtración suave.

Notas de cata: Limpo e brillante, de cor amarelo limón con reflexos verdosos. En nariz móstrase limpo e moi refinado, con aromas intensos (mazá, albaricoque, melón) e un fondo de flores brancas. Equilibrado, fresco e persistente en boca, cun final dominado pola froita (especialmente a mazá) e un toque de acidez moi elegante e fresco.

Consumo: Recoméndase consumilo nun prazo de un a tres anos.

Adega Ribada fundouse no ano 2005, aínda que a tradición familiar remóntase a varias xeracións. Nas terras de Chantada, o viño forma parte do noso ADN. Nacemos facendo viño. Cada día camiñamos pola viña, vixilando as vides. Dedicamos cada minuto a obter o mellor froito para producir o mellor viño.

Ponlles cara

Bodegas Ribada SL

Atópanos

Enderezo

San Fiz, Chantada. Lugo. 27516 España.

Coordenadas

Contacta

Teléfono

629 830 893 

Correo Electrónico
contacto@bodegaribada.com

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp