Elixiches esta experiencia...
CELME DE PENA BICADA 2020
ADEGAS CELME
DO Ribeiro
Con este viño pretendemos obter a máxima expresión das nosas variedades para o que elaboramos cada unha por separado no seu momento exacto de maduración. Posteriormente realizamos a ensamblaxe nas proporcións que consideramos máis adecuadas. O resultado é un viño complexo e de múltiples matices, de longo percorrido pero á vez amable e que convida a gozar dunha botella en boa compañía.

