Elixiches esta experiencia...
Celme do Souto

CELME DO SOUTO 2018

ADEGAS CELME
DO Ribeiro

25,00€

Este viño pretende ser unha fiel expresión do noso terruño e as nosas variedades cos matices e complexidade engadida que lle dá un breve paso por barrica. O resultado é un viño complexo e de gran potencial de garda, onde a presenza das notas froiteiras e florais compleméntense con suaves aromas secundarios provenientes da madeira.

O noso nome, Celme, é o reflexo da nosa filosofía. Nos nosos viños tratamos de transmitir a esencia e a mellor parte do noso viñedo. Coidar das nosas viñas é o eixo principal do noso traballo, xa que entendemos que só partindo dunha excelente materia prima poden xurdir os mellores viños. Os nosos esforzos empezan no coidado da viña, pero esténdense a todo o proceso, coidando todos e cada un dos pequenos detalles dende o viñedo ata a embalaxe final. 

VIVIR UNHA EXPERIENCIA EN ADEGAS CELME

Adegas Celme

Facemos viño, si, e vermú, tamén, pero non queda aí a cousa. Ofrecemos infinidade de actividades e experiencias orixinais e divertidas para calquera que se queira achegar a coñecernos na nosa adega. Coñece toda a nosa oferta de experiencias e realiza a túa reserva na sección de enoturismo.

Visita a nosa adega e viñedos con excursión e degustación no lagar milenario do castro de Santa Lucía.

Coñece as nosas castes autóctonas e aprende e aprende a diferencialas na viña e na copa.

Descubre como se elabora o noso vermú artesanal e fai ti mesmo unha pequena edición para que che mandaremos despois á casa. 

Fai un recorrido pola historia do noso proxecto a través dos nosos viños. Cada colleita é distinta pero todas teñen un elemento en común: que melloran có tempo.

Disfruta dun pequeno percorrido por Galiza da man dos nosos viños e unha coidada selección dos mellores produtos do noso mar e a nosa terra.

Visita a nosa adega e viñedos con degustación de 2 viños.

 

adegascelme.com/enoturismo/

Ponlles cara

Dori e Jorge

Atópanos

Enderezo

Rua Astariz, 22
32430 Castrelo de Miño
Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988 489 190

Correo Electrónico
comunicacion@adegascelme.com

Queres estar á última das experiencias calidade?