Elixiches esta experiencia...

CELME TOSTADO 2019
ADEGAS CELME
DO Ribeiro
Pretendemos recuperar unha das elaboracións máis prestixiosas e laboriosas do Ribeiro. É un viño extraordinariamente complexo, longo e redondo. Os múltiples aromas de froitos secos, mel, tostados e froita confeitada concéntranse e multiplican grazas o paso por barrica. O equilibrio entre dozura e amargor convérteo no viño perfecto para un aperitivo ou unha sobremesa. Trátase sen dúbida da nosa elaboración máis especial.