Elixiches esta experiencia...
A coroa

A COROA

Adega A Coroa, SAT
DO Valdeorras

Cor palla brillante, con marcados matices
verdosos en capa fina que lembran ás flores de folla verde,
amosando a súa coidada elaboración. Brillo cristalino e
harmónica bágoa.

Gran franqueza de aromas e notable
intensidade. Amosa notas especiadas que se funden en
aromas de herbas brancas silvestres. Afloran notas de
cítricos, froita tropical, froita madura de óso e un leve ton
anisado que lembra ao fiúncho. Limpo e de marcado toque
vexetal típico da variedade.

A súa entrada en boca denota un viño
fresco, con acidez menos marcada, gañando suavidade e
untuosidade. É un viño longo, de lixeiro amargor propio
dos godellos. Retronasal delicadamente sutil con notable
recordo de flores brancas.

Localizada no corazón de Valdeorras, a Adega A Coroa eríxese dende o século XVIII nun lugar máxico: un promontorio en forma de coroa que lle dá nome, sobre as ruínas dun antigo castro romanizado e rodeado de viñedos, onde aínda afloran os vestixios da súa historia. Considerada unha das adegas máis antigas de Galicia, o primeiro proxecto de A Coroa nace ao redor de 1750. No ano 2002, da unión de Roberto Fernández García coa cuarta xeración da familia de viticultores López Vicente, emerxe e fúndase a nova A Coroa, un tributo aos seus antepasados, ao seu esforzo e empeño. A súa produción fundaméntase na personalidade da variedade Godello e aséntase en catro piares clave: a heteroxeneidade do viñedo, produción integrada e controlada e a implementación dos máis modernos sistemas de elaboración

VIVIR UNHA EXPERIENCIA A COROA

Experiencia A Coroa

Dende A Coroa temos o pracer de convidarte a compartir a nosa paixón por esta terra a través dunha visita.

Para iso, propoñémosche unha experiencia enoturística única onde poderás coñecer a beleza da nosa comarca, a centenaria historia da adega, os nosos viñedos, como elaboramos os nosos viños e, se o desexas, terás a oportunidade de catalos e desfrutalos.

Cada ano centos de viaxeiros e amigos nos honran coa súa presenza e será para nós un auténtico pracer poder desfrutar tamén da túa compañía.

Contáctanos, cóntanos a túa idea e deseñaremos para ti unha visita, unha experiencia inolvidable.

Ponlles cara

Marta Sertaje. Adega A Coroa

Atópanos

Enderezo

A Coroa, s/n
32350 · A Rúa de Valdeorras
Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988 310 648

Correo Electrónico
acoroa@acoroa.com

Queres estar á última das experiencias calidade?