Elixiches esta experiencia...
D´Berna godello

D´BERNA GODELLO

Bodegas D´Berna
DO Valdeorras

De cor amarela palla con iridescencias verdosas.

Gran expresión aromática, moi varietal. Con notas a froitas —mazá, pomelo, pera— e un fondo final floral. Elegante e complexo.

En boca resulta potente, fresco e saboroso. Evoca o punto froiteiro e floral do nariz. Expresivo, consistente, delicado e elegante.

É unha adega de orixe familiar que foi creada coa filosofía de producir viños de excelente calidade nunha das denominacións de orixe con maior despregue vinícola: Valdeorras. Cunha capacidade duns 120.00 litros, alberga viños das variedades mais representativas desta denominación: Godello e Mencía. Cunha gran extensión de terreo, os viñedos atópanse nas solleiras ladeiras de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, onde se rexistran as temperaturas máis altas e baixas de toda Galicia, ademais da menor pluviometría da rexión. Isto garante, xunto cos importantes saltos térmicos do día/noite, unha boa acidez para os viños brancos. Os solos lousados proporciónanlle o marcado carácter mineral propio dos godellos. A adega está equipada coas últimas tecnoloxías enolóxicas. Aplicando as novas técnicas de elaboración vinculadas á tecnoloxía e a tradición familiar, obtéñense estes magníficos viños Godello e Mencía.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA D´BERNA

Bodegas D´Berna

Ponlles cara

BERNA

Atópanos

Enderezo

Córgomo, s/n
32340 · Vilamartín de Valdeorras
Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988324557-667797193

Correo Electrónico
info@bodegasdberna.com

Queres estar á última das experiencias calidade?