Feitizo da noite
Bodegas Pablo Padín, S.L.
DO Rías Baixas
Viño espumoso da DO Rías Baixas, elaborado con uva 100% Albariño, fresco, moi equilibrado, cunha burbulla moi agradable e suave. Crianza de 9 -12 meses en botella en rima, onde vai adquirindo complexidade, matices e unha cremosidade sorprendente en boca.
Amarelo palla, limpo e brillante. Enigmático desprendemento lento e constante de finas burbullas.
Potente, alegre e vivo. Aroma a froitas brancas, lixeiramente confeitadas, notas florais e un sutil toque tostado da crianza en botella.
Con burbulla fina e cremosa, ben integrada. Equilibrado, refrescante acidez e moi lambisqueiro. Notas de mazás maduras e cítricos.
Maridaxe: Estupendo como aperitivo para tomar con queixos, embutidos, tapas e ensaladas. Tamén idóneo con peixes e mariscos, sushi e arroces.