Elixiches esta experiencia...
Mel LABREGA

LABREGA MEL

Labrega Mel
IXP Mel de Galicia

10,00€

Mel monofloral de castiñeiro, colleitado polas súas abellas nas fragas do canón do río Navea, entre castiñeiros e carballos centenarios, que achegan no padal un sabor doutra época.

Xavier Sotelo Fernández é a persoa que está tras a marca Labrega Mel, un mozo que non dubidou en avogar polo rural á hora de construír a súa vida. Tras criarse entre Moaña e a zona de Terra de Trives, medrou nel o anhelo de vivir preto da aldea, entre soutos, fragas, hortas e tempos de vendima. Tras estudar en Ourense, continuou coa tradición familiar ligada ao coidado das leiras e procurou o modo de volver á aldea facendo rendibles as terras. Nese preciso intre aparece na súa vida a apicultura, compatible cos castiñeiros da zona. Coma el mesmo afirma, grazas ás abellas atopou o seu lugar no mundo e dixo: “eu estou feito para isto, e para estar aquí”.

Ponlles cara

Xavier Sotelo. Labrega Mel

Atópanos

Enderezo

Carreira do Crego, 1
32780 · A Pobra de Trives
Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

600 662 339

Correo Electrónico
info@labregamel.com

Queres estar á última das experiencias calidade?