Elixiches esta experiencia...
Martín Códax Espumoso
Martín Códax Espumoso

Martín Códax Espumoso

Bodegas Martín Códax
DO Rías Baixas

23,00€

Martín Códax Espumoso é o resultado dunha vendima seleccionada a primeiros de setembro, días antes da data da vendima convencional para garantir a súa frescura e equilibrio. Previamente a súa elaboración tradicional conservouse sobre lías durante tres meses. A segunda fermentación en botella, fíxose lentamente mediante o control da temperatura, obtendo un menor tamaño da burbulla perfectamente integrada no viño. Realizouse unha crianza de trinta meses sobre as súas lían antes do degüelle, proporcionando complexidade nos aromas favorecendo aínda más a integración da burbulla.

  • Fase Visual: Limpo, brillante, de color amarelo limón con reflexos dourados.
  • Fase Olfativa: Cítrico, frutoso (manza verde) e con notas balsámicas de herbas aromáticas. Os aromas varietales están en perfecto equilibrio coas notas de lías e panadería xeradas ao longo da crianza.
  • Fase Gustativa: En boca percíbese a cremosidade das lías, cunha burbulla viva e ben integrada, que aporta frescor e persistenza.

En 1986 nace Bodegas Martín Códax, e toma por nome o do máis soado trobador galaicoportugués do século XIII, do que aínda se conservan cantigas, as máis antigas coa música orixinal descubertas ata a data. Dende entón, Bodegas Martín Códax creceu e evolucionou apoiando a súa xente, a súa terra e a súa cultura. Unha cultura que se promove por máis de corenta países. Proseguindo co ámbito musical, o seu viño "Organistrum" leva por apelativo o nome dun ancestral instrumento de corda e arco perpetual que os trobadores do medievo acostumaban tocar nos recitais poéticos que tiñan lugar nas vilas próximas a Santiago de Compostela.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA MARTÍN CÓDAX

Experiencia Martín Códax

Mediante o seu amplo programa de actividades, Bodegas Martín Códax busca posicionar as Rías Baixas e, en concreto, o val do Salnés, como referente enoturístico de Galicia. Ademais das visitas guiadas á adega e catas comentadas, ofrecemos infinitas posibilidades para adentrarse no mundo do viño creando experiencias á medida ou simplemente desfrutando dunha selección de viños coa Ría de Arousa de fondo, grazas a súa marabillosa terraza con vistas panorámicas. Son experiencias únicas nas que o visitante se converte no protagonista. Dispoñemos de 4 actividades propias que inclúen visita guiada pola adega e finalizan cunha cata maridaxe da man do noso sumiller: “Martín Códax en Familia”, “Esencia Martín Códax, “Orixe Atlántica” e “Creacións Singulares”. As dúas primeiras inclúen unha cata comentada dos nosos viños DO Rías Baixas 100% Albariño maridados con queixos galegos denominación de orixe, a segunda con conservas Km0, mentres que a última trátase dunha selección especial das nosas creacións máis especiais e de produción limitada, maridadas con elaboracións de produtos Km0.

Por outra banda, tamén ofrecemos experiencias arraigadas no territorio nas que o visitante se converte no protagonista: “Aprende a mariscar” para vivir en primeira persoa o oficio do/as mariscadores/as da zona, “Os tesouros da Ría” para coñecer de primeira man unha conserveira desde dentro e “Mar en Liberdade” para desfrutar dun paseo pola Ría de Arousa nunha barca tradicional. Todas elas rematan cunha visita guiada á adega e cata maridaxe harmonizada con conservas gourmet Km0 como broche final.

Ligazón ás experiencias
 

Ponlles cara

Katia Álvarez. Bodegas Martín Códax

Atópanos

Enderezo

Burgáns, 91 · Vilariño
36633 · Cambados
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 526 040

Correo Electrónico
comunicacion@martincodax.com

Queres estar á última das experiencias calidade?