Katia Álvarez

Son Katia Álvarez, traballo como directora de enoloxía en Bodegas Martín Códax. Comecei a miña carreira laboral fai 20 anos, e adquirin a miña experiencia na DO Rías Baixas, na DO Rioja e en Chile, traballando durante dous anos para Viña Sutil (Santa Cruz), obtiven así unha visión máis global da industria vitivinícola. Actualmente levo 15 anos nas adegas, onde tiven a oportunidade de desenvolver a miña carreira, e o labor de participar activamente en todos os proxectos de I+D+i e en numerosas presentacións por todo o mundo. 

O que máis me gusta do meu traballo é a capacidade de facer felices a outras persoas a través do viño, porque tomar unha copa de viño sempre é un momento de desconexión, para compartir relaxado con amigos, parella ou familia. E que pode haber mellor que iso?

No noso caso, somos unha cooperativa formada por máis de 500 familias, e foi este modelo o que nos levou ao éxito dende a nosa fundación en 1986. Dende entón fomos medrando e evolucionando, apoiando sempre a nosa xente, a nosa terra e a nosa cultura. Levamos Galicia alí onde imos, e importamos hoxe os nosos viños a máis de 45 países. 

Hai uns anos unha das nosas preocupacións era a continuidade xeracional no cultivo da vide. Os fillos dos nosos viticultores marcharan para a cidade e os pais non atopaban quen os axudase no campo. Hoxe vemos como aqueles regresaron e están construíndo as súas vidas e as súas familias no rural, cultivando e ampliando os viñedos dos seus pais, e compatibilizándoos con outras actividades agrícolas ou do mar, converténdoos en axentes activos e ambiciosos na consecución dun modelo de sociedade máis sostible e racional.

Katia Álvarez. Bodegas Martín Códax
A miña adega

Bodegas Martín Códax é unha cooperativa vitivinícola que nace no ano 1986 grazas a un grupo de viticultores que souberon ver o potencial da uva albariño e que iniciaron este ambicioso proxecto. Situada en Cambados, berce do albariño e corazón do Val do Salnés, a cooperativa foi crecendo e evolucionando, apoiando sempre a súa xente, a súa terra e a súa cultura. Na actualidade, Bodegas Martín Códax converteuse nunha corporación moderna grazas ao continuo investimento en I+D+i e sostibilidade, así como ao compromiso, o talento e a experiencia do seu equipo humano. Hoxe é un emblema dos viños galegos tanto a nivel nacional como internacional, con presenza en máis de 45 países de todo o mundo.

Bodegas Martín Códax
Os meus produtos

Entre a variedade dos nosos produtos queremos destacar a marca "Organistrum" premiada nas Catas de Galicia 2021.

"Organistrum" é un dos viños máis especiais que temos, xa que é a mellor representación da integración da audacia da uva albariño coa serenidade da crianza en barrica, un viño elegante e equilibrado que rende homenaxe á orixe e á historia cunha visión moderna da enoloxía.

Presenta unha perfecta integración entre o carácter varietal e a barrica francesa. O resultado é complexo e balsámico, con aromas a froita de pebida, caramelo e mazá. Un albariño 100% amarelo palla con intensos tons verdosos, de alta intensidade aromática, ofrece un primeiro golpe en nariz de balsámico, caramelo e cacao que nos lembra a súa etapa na barrica. Detrás aparecen as notas afroitadas do varietal, dun xeito máis maduro e tranquilo: marmelo e compota de mazá. En boca é estruturado e equilibrado. O traballo do batonnage ofrécenos un viño graxo e potente, cunha acidez ben integrada. Ten un retrogusto longo e especiado.

Atópanos

Enderezo

Burgáns, 91 · Vilariño
36633 · Cambados
Pontevedra

Coordenadas
42.5201389, -8.7925

Queres estar á última das experiencias calidade?