Elixiches esta experiencia...
Organistrum

Organistrum

Bodegas Martín Códax
DO Rías Baixas

19,50€

Cor amarela palla con intensos tons verdosos.

Intensidade aromática alta. Primeiro golpe en nariz de balsámicos, caramelo e cacao. Tras eles aparecen as notas afroitadas do varietal.

Estruturado e equilibrado. Graxo e potente, cunha acidez ben integrada. Retronasal longo e especiado.

Maridaxe: Perfecto con carnes brancas, aves asadas, peixes de roca e arroces.

En 1986 nace Bodegas Martín Códax, e toma por nome o do máis soado trobador galaicoportugués do século XIII, do que aínda se conservan cantigas, as máis antigas coa música orixinal descubertas ata a data. Dende entón, Bodegas Martín Códax creceu e evolucionou apoiando a súa xente, a súa terra e a súa cultura. Unha cultura que se promove por máis de corenta países. Proseguindo co ámbito musical, o seu viño "Organistrum" leva por apelativo o nome dun ancestral instrumento de corda e arco perpetual que os trobadores do medievo acostumaban tocar nos recitais poéticos que tiñan lugar nas vilas próximas a Santiago de Compostela.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA MARTÍN CÓDAX

Experiencia Martín Códax

Mediante o seu amplo programa de actividades, Bodegas Martín Códax busca posicionar as Rías Baixas e, en concreto, o val do Salnés, como referente enoturístico de Galicia. Ademais das visitas guiadas á adega e catas comentadas, ofrecemos infinitas posibilidades para adentrarse no mundo do viño creando experiencias á medida ou simplemente desfrutando dunha selección de viños coa Ría de Arousa de fondo, grazas a súa marabillosa terraza con vistas panorámicas. Son experiencias únicas nas que o visitante se converte no protagonista. Dispoñemos de 4 actividades propias que inclúen visita guiada pola adega e finalizan cunha cata maridaxe da man do noso sumiller: “Martín Códax en Familia”, “Esencia Martín Códax, “Orixe Atlántica” e “Creacións Singulares”. As dúas primeiras inclúen unha cata comentada dos nosos viños DO Rías Baixas 100% Albariño maridados con queixos galegos denominación de orixe, a segunda con conservas Km0, mentres que a última trátase dunha selección especial das nosas creacións máis especiais e de produción limitada, maridadas con elaboracións de produtos Km0.

Por outra banda, tamén ofrecemos experiencias arraigadas no territorio nas que o visitante se converte no protagonista: “Aprende a mariscar” para vivir en primeira persoa o oficio do/as mariscadores/as da zona, “Os tesouros da Ría” para coñecer de primeira man unha conserveira desde dentro e “Mar en Liberdade” para desfrutar dun paseo pola Ría de Arousa nunha barca tradicional. Todas elas rematan cunha visita guiada á adega e cata maridaxe harmonizada con conservas gourmet Km0 como broche final.

Ligazón ás experiencias
 

Ponlles cara

Katia Álvarez. Bodegas Martín Códax

Atópanos

Enderezo

Burgáns, 91 · Vilariño
36633 · Cambados
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 526 040

Correo Electrónico
comunicacion@martincodax.com

Queres estar á última das experiencias calidade?