Bodegas Petrón nace no ano 2005 en Doade, Sober, en pleno corazón da Ribeira Sacra. A adega é propietaria de diferentes viñedos nas ribeiras do río Sil, con abundantes cepas que lograron sobrevivir ao paso do tempo e que se manteñen en plena forma para proporcionar acios de gran calidade, con uva principalmente da variedade Mencía. Precisamente, Prómine Singular está elaborado cento por cento con esta variedade de uva de produción propia.
VIVIR UNHA EXPERIENCIA PRÓMINE
Creo que só se coñeces a nosa contorna, comprenderás o que significan os nosos produtos. Non se necesita ter vencello co mundo do viño para apreciar a súa beleza e singularidade.
Para que comprendas mellor os nosos viños, realizamos visitas guiadas como parte do proxecto de enoturismo coordinado pola DO Ribeira Sacra. Durante a visita guiada á adega descubrirás o proceso de elaboración dos viños Petrón e aprenderás moitos conceptos relacionados coa produción do viño e a súa cata. O que máis lle sorprende a quen nos visita é esta terra, a paisaxe, os ríos, os seus viñedos, a viticultura "heroica" e a súa singularidade que se transmite a uns viños de excelente calidade.