Elixiches esta experiencia...
SON DE ARRIEIRO
Xulia Bande. Julia Mar Bande Pivida
DO Ribeiro
Limpo e brillante, de cor amarela con lixeiros escintileos verdosos.
Aroma limpo e intenso, elegantes afumados e sutís tostados que se mesturan con aromas característicos das principais variedades brancas galegas -froitas de óso, pexego, mazá verde e leves notas florais-.
Excelente persistencia e frescura natural, sen arestas, cunha madeira sutil que lle imprime carácter, complexidade e un agradable recordo aromático.
Maridaxe: Todo tipo de pescados e carnes. Moi versátil, harmoniza á perfección con gran variedade de pratos.