Elixiches esta experiencia...
Son de Arrieiro 2018
Xulia Bande. Julia Mar Bande Pivida
DO Ribeiro
Limpo e brillante, de cor vermella cereixa con escintilacións violáceas
Aroma intenso, moi complexo e elegante. Con predominio de froitas vermellas tipo cereixa, framboesa e granada.
Con boa estrutura, ben equilibrado, persistente, de boa tanicidade e con alta intensidade froiteira.
Maridaxe: Moi versátil, marida á perfección con todo tipo de carnes e pescados graxos