Elixiches esta experiencia...
Vacamulo
Vacamulo

Vacamulo

Adegas Don Bernardino
DO Ribeira Sacra

75,00€

Viño tinto da DO RIBEIRA SACRA da subzona de Amandi elaborado coa variedade Mencía cun paso por madeira en barrica de roble francés durante 90 días. Viño de edición única cun sabor inigualable, ideal para ser degustado polos amantes do viño. Perfecto para quen busque un viño de calidade con personalidade única que reflexa tradición e paixón. As uvas seleccionadas a man, xunto coa sua elaboración con técnicas tradicionais combina fermentación en depósitos de aceiro inox cunha crianza breve en barricas de roble. Isto permite que o viño conserve a frescura e os aromas frutais da uva, mentras adquire complexidade e suavidade que o fai único.

Temperatura de servicio: 14-16ºC. Graduación: 14,50%
Notas de Cata: A vista ten unha cor vermella intensa con reflexos violáceos. En nariz é moi aromatico con notas de froitos vermellos como a cereixa e a fresa, seguidas de toques florais e un fondo mineral que reflicte os chans pizarrosos da Ribeira Sacra. En boca, é un viño fresco, equilibrado e con taninos suaves, o qu lle otorga unha gran elegancia e un final longo e pracenteiro. 

Na década dos anos 50, cando ninguén apostaba pola viticultura na zona de Amandi, na Ribeira Sacra, e quedaron moitas viñas abandonadas, Bernardino Rodríguez seguiu coa tradición familiar e mantivo os seus viñedos tal e como os herdara do seu pai, este do seu, e así sucesivamente durante xeracións. Nos anos 90, o seu fillo Emilio Rodríguez facíase cargo da adega, comezando a elaborar viños de corte tradicional, pero de alta calidade, seguindo o legado vitivinícola da familia herdada dos seus “antergos”. Durante todo este tempo, renóvase e esténdese o viñedo da man da variedade raíña da zona: a Mencía. O talante emprendedor que tivo no seu día Bernardino Rodríguez, xunto co segredo da elaboración dos seus viños e o amor pola súa terra, proxéctase no día de hoxe nunha empresa familiar con moito futuro por diante.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA DON BERNARDINO

Experiencia Don Bernardino

O Roteiro do Viño Ribeira Sacra ofrece distintas formas de descubrir un territorio único a través dos establecementos asociados. Visitando adegas, museos e centros de interpretación; gozando de aloxamentos e restaurantes, dunha ampla rede de miradoiros e un importante conxunto de igrexas e mosteiros do Románico; de paseos a pé, en bicicleta e por río para gozar dunha paisaxe vitivinícola extraordinaria. Habitualmente organiza actividades guiadas como xornadas de portas abertas, roteiros de sendeirismo, roteiros enoturísticas, catas e maridaxes, viñobus, ... 

Reserva cita e visita a nosa adega, xuntos comentaremos e cataremos os nosos viños. Estaremos encantados de mostrarte o noso legado.

Máis info sobre O Roteiro do Viño Ribeira Sacra

Turismo na Ribeira Sacra


 

Ponlles cara

Emilio e Diego Rodriguez. Don Bernardino

Atópanos

Enderezo

Santa Cruz de Brosmos, 9
27425 · Sober
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

670 882 449

Correo Electrónico
info@donbernardino.com

Queres estar á última das experiencias calidade?