Diego Rodríguez

O meu nome é Diego Rodríguez Capón, teño 35 anos, son enólogo e formo parte da 5ª xeración da adega. Don Bernardino comeza no ano 1860 cando a nosa avoa Ánxela nace na ribeira de Lobios, na Ribeira Sacra. Ela foi a primeira xeración e a que empezou coa plantación de viñedos na actual zona de Chanteiro. Desde entón, a nosa familia dedicouse, entre outras cousas, á produción de viño nesta zona. A miña vinculación co mundo do viño é dende pequeno, cando ía co meu pai Emilio e o meu avó Bernardino podar e vendimar. Polo tanto, pode dicirse que, como eles, sempre estivemos nese mundo. O mellor de elaborar e producir viño en Amandi é poder manter vivo o traballo dos avós. Entender o actual panorama vitivinícola sempre a través do contexto socioeconómico dos nosos antecesores, pois en Galicia, e sobre todo nesta zona rural,  marcou o desenvolvemento actual das actividades. Poder a día de hoxe transmitir xa non só a riqueza vitícola, senón toda esta historia por todo o mundo mediante uns viños únicos e singulares é un orgullo e un motivo polo que seguir traballando para que as seguintes xeracións poidan vivir mellor ca nós.

Emilio e Diego Rodriguez. Don Bernardino. DO Ribeira Sacra
A miña adega

Don Bernardino é unha adega familiar en Amandi da DO Ribeira Sacra. Na década dos anos 50, cando ninguén apostaba pola viticultura na zona de Amandi, quedaron moitas viñas abandonadas. Bernardino Rodríguez seguiu coa tradición familiar e mantivo os seus viñedos tal e como os herdara do seu pai, este do seu, e así sucesivamente durante xeracións, ata chegar a min, que son a 5ª xeración. Somos unha adega cunha produción de 50.000 botellas, traballamos con 32 parcelas, todas nunha pendente superior a un 60%. A nosa viticultura é tradicional en viñedos históricos e antiquisimos. O viñedo máis novo ten 23 anos. Actualmente contamos cunha gama de 7 viños. Un branco e 6 tintos, dos cales, 3 son viños de parcela nos tres solos existentes en Amandi (lousa, granito e gneis).

Don Bernardino
Os meus produtos

Entre os diferentes viños que elaboramos, queremos destacar a referencia Don Bernardino Finca Mezquita, co que acadamos o Acio de Bronce na categoría de viños de elaboracións con madeira tintos nas Catas de Galicia 2021.

Un viño tinto da DO Ribeira Sacra elaborado coa variedade Mencía e criado en madeira. Unha produción limitada de 2.000 quilos de uva. Un viñedo histórico en pleno corazón de Amandi. O único no que se atopa o gneis. Pedra que conforma un solo coas virtudes do granito e a lousa. É unha elaboración única na que se usan as técnicas mixtas da maceración carbónica e fermentación alcohólica. Prénsase en doce e realiza a maloláctica en barrica. Permance 24 meses en barricas francesas con secado de máis de 60 meses. Barricas seleccionadas e con varios usos.


Este viño é o corazón de Don Bernardino. O noso avó Emilio, 2ª xeración, seleccionou as mellores vides de Mencía nos viñedos que tiña no actual leito do río Sil, xusto antes de que os seus viñedos fosen asolagados. Arrincounos e plantounos na propiedade máis alta que tiña na montaña, lonxe do río. Hoxe esa propiedade é Finca Mezquita, e é o noso orgullo conservar e transmitir este legado.

Atópanos

Enderezo

Santa Cruz de Brosmos, 9
27425 · Sober
Lugo

Coordenadas
42.420896, -7.528665

Queres estar á última das experiencias calidade?