FONTELAS San Simón da Costa 1kg
Queixo elaborado con leite fresco de vaca, cunha curación mínima de 45 días e afumado con madeira de bidueiro. Marca premiada ca distinción de Ouro na DOP San Simón da Costa nas Catas de Galicia 2021 e 2024.
DIQUEIXA Arzúa-Ulloa 900g
Queixo de sabor suave, lixeiramente salgado e un chisco ácido que nos lembra ao seu artesanado, o que lle valeu a Distinción de Ouro na categoría Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2021.
CASTELO 500 gr.
Queixo de pasta branca, branda e granulosa, elaborado a partir de leite pasteurizado e enteiro de vaca. Marca premiada coa Distinción de Ouro na DOP Cebreiro nas Catas de Galicia 2020, 2021 e 2022.
BARRAL Arzúa-Ulloa 550g
Queixo de aroma lácteo que lembra a manteiga e iogur, galardoado coa Distinción de Bronce nas Catas de Galicia 2021.
QUEINAGA Queixo Tetilla 1000g
Elaborado respectando a tradición, presenta a súa característica forma cónica e cor amarela natural. Marca premiada ca distinción de Bronce na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2024.
ARTELAC NABIZA
Queixo Azúa- Ulloa Curado, tamén coñecido como queixo da nabiza, queixo do tempo dos nabos ou queixo do ano. Ten un período de maduración mínimo de seis meses. Distinción de Ouro na categoría DOP Arzúa-Ulloa Curado nas Catas de Galicia 2020 e 2021. Elaborado con leite pasteurizado de vaca producido na propia explotación.
ARTELAC
Artelac é un queixo con DOP Arzúa-Ulloa, con pasta de cor uniforme, entre a branca marfil e a amarela pálida e textura cremosa.
DANIBERTO
Queixo curado galego tradicional elaborado con leite pasteurizado de vaca, afumado con leña de vidueiro e coa tradicional forma de bala. Galardoado coa Distinción de Prata nas Catas de Galicia 2021 e coa de Bronce en 2020.
TERRA DE MELIDE ARZÚA-ULLOA
Este queixo de carácter cremoso e pasta branda de cor uniforme, entre branca marfil e amarela foi acredor das Distincións de Prata nas Catas de Galicia 2021 e de Bronce nas edicións 2020 e 2024.

