Acivro Barrica
Viño tinto DO Ribeira Sacra Summum que permanece nove meses en barrica de 500 litros de carballo francés. Marca galardoada co Acio de Ouro, na categoría de viños de elaboracións con madeira tintos, nas Catas de Galicia 2020.
Acivro
Viño tinto Ribeira Sacra Summum das variedades mencía (95%) e garnacha (5%). Galardoado co Acio de Ouro na categoría de viños de colleiteiro e pequenas adegas nas Catas de Galicia 2020.
PRÓMINE
Moi limpo e brillante, con capa media alta, de cor vermella cereixa intensa. Galardoado co Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2022.
Tradición
De cor negra picota, moi ensamblado entre as súas variedades, deixa na copa trazas da súa vinosidade.

