MEU CEO
Orujos y Licores Augavella, S.L.
IX Augardente de Herbas de Galicia
IX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Polígono Industrial Os Acivros B-1B
27519 · Chantada
Lugo
982 441 900
augavella [at] augavella.com (augavella[at]augavella[dot]com)
Estamos en Orujos y Licores Augavella, son Milagros Prado responsable de xestión dende hai ano e medio. Somos unha empresa familiar dedicada á destilación, elaboración e embotellado de licores. Sobre o ano 2005 creouse este proxecto da man de Juan Méndez e agora quen o leva son os seus fillos. O obxectivo desta empresa é que o cliente se sinta satisfeito co produto que facemos e para iso temos a Sandra Cortés, Doutora en químicas, especialista en licores e augardentes coa que contamos para facer as mellores elaboracións que nós pensamos que reflicten a alma e a política da nosa empresa. Estamos na I X Licores e Augardentes de Galicia e participamos nas últimas catas de Galicia con Tamtum un licor café e Meu Ceo un augardente e licor de herbas en homenaxe a Juan xa que así chamaba a un dos seus netos. Consideramos que este é un produto para gozar en determinados momentos, para compartir en familia e con amigos ou en festas.
TAMTUM
Licor café con bagazo de: Mencía, Albariño, Godello, Treixadura e Loureira.
Fase visual: Cor marrón castaña con reflexo ocre.
Fase olfactiva: Intensidade aromática alta con predominio de notas a bo café e recordos a chocolate, cacao, notas tostadas e froitos secos tipo améndoa e abelá.
Fase gustativa: Boca complexa con entrada doce, pero coa sensación amarga do café macerado en augardente de bagazo de gran calidade, o que permite de novo percibir unha infinidade de matices aromáticos e gustativos que rematan nun marcado recordo a bo café.
Maridaxe: Harmoniza moi ben con doces elaborados a base de chocolate, cacao, vainilla, canela e froitos secos. Tamén cos que leven nata e froitas, principalmente de tipo cítrico -mandarina, laranxa-, tanto incluídas en biscoitos e tartas como en ensaladas e xeados.
MEU CEO
Augardente de Herbas con selección de plantas aromáticas e especias en augardente de Albariño.
Fase visual: Cor verdosa con escintilacións cobres.
Fase olfactiva: Alta intensidade aromática con marcada presenza de notas de tipo floral —xasmín, lavanda, rosa— e especiada —cravo, noz moscada e canela— sobre un fondo de elegante augardente que contribúe tamén con matices de tipo cítrico e floral.
Fase gustativa: Boca cálida, de marcado e longo recordo floral cun final amargo moi elegante.
Harmonía: Harmoniza moi ben con doces elaborados a base de chocolate, cacao, vainilla, canela e froitos secos. Tamén cos que leven nata e froita.
MEU CEO
Licor de Herbas con selección de plantas aromáticas e especias en augardente de Albariño.
Fase visual: Amarelo limón con reflexos verdes e escintilacións douradas.
Fase olfactiva: Acentuada intensidade aromática con notas balsámicas e cítricas —camomila, herba luísa, coandro—, especias —cravo, noz moscada— e florais.
Fase gustativa: En boca resulta suave, sedoso e equilibrado, cun longo recordo floral e a especias.
Harmonía: Harmoniza moi ben con doces elaborados a base de chocolate, cacao, vainilla, canela e froitos secos. Tamén cos que leven nata e froitas.
Polígono Industrial Os Acivros B-1B
27519 · Chantada
Lugo