Baralletas Bolsa 200 grs
Sofragal
Artesanía Alimentaria
Parque Empresarial de Luintra, Parcela 11
32160 Nogueira de Ramuín
Ourense
Nace en 2013 dá man dun pequeno grupo de veciños de Nogueira de Ramuín – Ribeira Sacra (Ourense), coa idea dá recuperación de soutos tradicionais con castiñeiros centenarios e colleitar as súas castañas.
Nos primeiros cinco anos recollemos as nosas castañas para poder acadar un mellor prezo de venda e máis seguro.
Decididos a darlle un valor engadido acordamos encargar un proxecto de transformación de castaña, en castaña seca e fariña de castaña, que se fai realidade non ano 2018/19, transformando vos primeiros 1500 Kg en castaña seca e fariña de castaña.
En 2020/21 para poder aproveitar a fariña, que non tinga gran demanda non mercado, acordarmos probar e facer repostería, “Bica de Castaña, Baralletas e Garabullos” (galletas), un produto artesán de máxima calidade e saudable.
Para que vos nosos produtos nos perdan a súa identidade utilizamos a menor maquinaria posible, sendo esta un secadoiro de castañas, muíño, tamizadora, pequena amasadora e forno.
Partindo do produto protagonista “A Castaña” que é recollida nos soutos unha por unha a man, onde pasa a primeira selección, despois secámola con leña, principalmente con restos de podas dous nosos castiñeiros, e unha vez seca pasa a segunda selección, tamén unha por unha, desbotando a que non serva para ou consumo ou elaboración que se pretende.
As Bicas e Galletas (Baralletas e Garabullos), son feitas a man en pequenas cantidades, para poder ofrecer sempre un produto fresco e recente.
Sofragal somos unha sociedade Cooperativa Galega situada na Ribeira Sacra, que se dedica a xestión de arboledas para a obtención de castaña local, a cal transformamos en castaña seca e fariña de castaña. Así mesmo, realizamos repostería con base principal de fariña de castaña. Son características nosas bicas e galletas con fariña de castaña.
Actualmente, xestionamos 15 hectáreas de arboledas cunha produción máxima anual de 50 toneladas de castañas. En 2013 creamos a cooperativa coa que comezamos a recuperar arboledas de castiñeiros, dos que recollemos os seus froitos e posteriormente seleccionámolos para a súa venda en fresco.
En Sofragal queremos adaptarnos ás potenciais situacións adversas que puidesen xurdir, fortalecendo o noso carácter cooperativista e de economía social. Tentamos, cada día, ofrecer a mellor versión de nós mesmos e, por iso, seguiremos creando novos formatos e produtos elaborados coidadosamente na nosa nave agroalimentaria de castañas en Luintra. Fortalecemos a transformación da castaña cunha identidade ligada á cultura e simboloxía da nosa terra.
A figura de Sofragal no desenvolvemento rural é significativa: a recuperación de masas de arboledas tradicionais, a mobilización de terra agraria abandonada para a plantación de castiñeiros, a xeración de valor engadido a través de produtos locais e técnicas tradicionais, son claro exemplo do noso labor integral de sustentabilidade ambiental.
Parque Empresarial de Luintra, Parcela 11
32160 Nogueira de Ramuín
Ourense