ABA de Trasumia
Viña Moraima, S.C.G
DO Rías Baixas
DO Rías Baixas
Porráns, 1 Baixo
36191 Barro
Pontevedra
986711206-679400756
https://www.adegamoraima.com
contacto [at] adegamoraima.com (contacto[at]adegamoraima[dot]com)
Somos a familia Moraima, un pequeno grupo de viticultoras e viticultores do concello de Barro, na denominación de orixe Rías Baixas. Alá polo ano 2006, arroupados polos nosos, decidimos deixar de vender a nosa uva a outras adegas e emprender un proxecto común. Xuntando os nosos viñedos, algúns con cepas centenarias, e o noso bo facer, con algún socio con tradición vitivinícola tamén centenaria, montamos unha adega para elaborar viños propios. Os nosos antepasados deixáronnos o amor polo mundo
do viño, e ese sentimento de respecto pola nosa tradición colleiteira é a que queremos transmitir aos nosos herdeiros. Que saiban que o cultivo e coidado da terra é importante. O que temos hoxe é o que outros fixeron antes por nós. O feito de constituírnos en forma de cooperativa, permite a participación activa dos
e das integrantes en todo o proceso. Os socios de Viña Moraima temos traballos e vidas moi diferentes. Pero todos temos algo en común: as
ganas de facer o mellor viño posible co que a terra nos dá. Queremos que cada unha das botellas que sae da nosa adega reflicta este noso sentir; que traslade a quen nos bebe o afortunados que nos sentimos por todo o que nos deron os nosos antergos e a nosa intención de trasladalo aos que nos sucedan.
Fundada en 2006, a nosa adega dispón de todo o necesario para ofrecer uns viños (variedades Albariño, Caíño e o experimental Ratiño) que respondan aos parámetros actuais de calidade, conservando os sabores e aromas que nos levan á nosa tradición. Pensada como adega familiar, destinada á elaboración dos viños procedentes das nosas propias explotacións, temos unha capacidade limitada de produción de 100.000 botellas.
As viñas atópanse no Alto Salnés. Parte importante da nosa produción procede de pequenos viñedos con plantas de pé franco ou patrón directo e cepas vellas (centenarias e prefiloxéricas) que se foron reproducindo por acodo e sen ningún tipo de enxerto, e que preservan unha maior pureza do material xenético.
Elaboramos tres tipos de viños pertencentes á DO Rías Baixas:
Porráns, 1 · Baixo
36191 · Barro
Pontevedra