Elixiches esta experiencia...
LIBRO

LIBRO

Adega Sameirás
DO Ribeiro

Cor dourada propia dun viño elaborado á antiga usanza de forma natural.

Muda a medida que o viño se vai osixenando e gañando en temperatura, sendo máis intensa cando xa se está rematando a botella.

Recorda ás variedades coas que se elaborou albariño, lado e loureira.

Maridaxe: Harmoniza ben con calquera tipo de comida.

Pequena Adega de Colleiteiro con seis hectáreas de viñedo propio das que se cultivan cinco hectáreas de variedades brancas e unha de tintas, todas elas autóctonas. A integridade do viñedo sitúase na parroquia de Santo André de Camporredondo e nel practícase a viticultura tradicional herdada dos avós. Esta adega trata que a súa pegada de carbono sexa a máis baixa posible, nun compromiso coa tradición herdada.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA SAMEIRÁS

Experiencia Sameirás

Anímate a visitarnos e poderás descubrir un viñedo diferente da man do propio artífice do proxecto. El poderá explicarche o porqué das súas prácticas e por que non. Unha produción sostible que poderás coñecer en detalle, plantas que melloran a estrutura do solo, a preparación do terreo ou un marco de plantación novo, as competencias cos vexetais non desexados, o manexo do sol, da fauna útil. Prácticas de cultivo respectuosas co medio como ausencia de materiais prásticos a favor dos naturais como o vimbio, rafia e xunco, tal como facían os nosos avós.

Alí, nos propios viñedos, poderemos catar e comentar os nosos produtos, sempre que o tempo o permita. Unha cata comentada de 4 viños brancos e 3 tintos de diferentes anadas, para comprobar como evolucionan co paso do tempo. Un marco incomparable onde poderemos apreciar o agarimo e coidado que poñemos no interior dunha botella para o teu desfrute.

Somos moi responsables co aforro enerxético e estamos obsesionados con que a nosa actividade xere a menor pegada de carbono posible.

Ven comprobalo!!!!

Ponlles cara

Antonio Cajide Gulín

Atópanos

Enderezo

Santo André de Camporredondo, 98
32415 · Ribadavia
Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

678 894 963

Correo Electrónico
info@adegasameiras.com

Queres estar á última das experiencias calidade?