Elixiches esta experiencia...
PAZO DE RUBIANES

PAZO DE RUBIANES

Pazo de Rubianes
DO Rías Baixas

Cor amarela verdosa, limpa e brillante.

Intenso aroma a froita -ameixa e pexego-, sutís notas cítricas e florais -acacia e xasmín- mesturan sutileza e poderío, complexidade e personalidade.

De entrada sedosa, intensa e refrescante con carácter varietal. Aromaticamente amosa de novo todos os seus argumentos na fase retronasal, largo profundo, saboroso e mineral.

Maridaxe: Pescados suaves, mariscos, arroces e queixos.

Tempo de emocións entre viñedos e camelias, desfrute en contacto coa natureza e coas nosas raíces, visitando un lugar histórico cun xardín de Excelencia Internacional, rodeado de viñedos con recunchos máxicos e construcións de máis de 600 anos e a apaixonante historia do Pazo de Rubianes. Un pazo para coñecer, desfrutar e finalizar na adega onde degustar os nosos vinos albariños.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA RUBIANES

Experiencia Rubianes.

Ven a camiñar entre viñedos e camelias.

Pazo Rubianes sorprenderache cunha experiencia moi variada, chea de sensacións e emocións.

As visitas guiadas ou libres, individuais ou para grupos, permitirán descubrir todo o seu contido histórico, cultural, botánico e vitivínícola . Un paseo por un patrimonio artístico e botánico con máis de 600 anos de historia.

Coñecerás o xardín histórico e da camelia, nomeado Xardín de Excelencia Internacional no ano 2014; parque botánico con máis de 5000 camelias. Descubrirás os viñedos máis extensos do Salnés, 25 hectáreas situadas no alto dun outeiro con vistas á Ría de Arousa. Viaxarás ao pasado no interior do pazo, un gran edificio palaciano en perfecto estado de conservación e decoración que che abre as súas portas. Continuarás coa visita á capela do século XVI e rematarás cunha degustación dos “Albariños das Camelias”, producidos nas parcelas do pazo.

Non perdas a ocasión de coñecer os produtos cosméticos naturais "Xardín do Pazo de Rubianes", elaborados de xeito artesanal a partir do aceite de camelia. Un dos mellores aceites do mundo obtido das sementes da camelia colleitas no xardín do Pazo.

Tras o paseo polo Pazo de Rubianes, dos seus xardíns e viñedos podes completar a experiencia sensorial cunha proposta gastronómica inspirada nos produtos da nosa terra, na nosa leira en compañía dunha boa música. A emoción e diversión nesta contorna están aseguradas e quedarán para o recordo.

Ademais poñemos as nosas instalacións á túa disposición para organizar ese evento especial que tes en mente... comidas, reunións ou outro tipo de celebracións nunha contorna natural e paisaxística única.

Para máis información bota unha ollada a:

Visitas

Enoturismo

Eventos

Viños

Tes moitas opcións posibles e desfrutamos cos retos, así que non dubides en consultarnos nos teléfonos: 619261847 e  986510534

Ponlles cara

Pazo de Rubianes

Atópanos

Enderezo

Rúa do Pazo, 7 · Rubianes
36619 · Vilagarcía de Arousa
Pontevedra

Contacta

Teléfono

986 510 534

Correo Electrónico
info@pazoderubianes.com

Queres estar á última das experiencias calidade?