ABA de Trasumia
Albariño procedente do Alto Salnés con condución en emparrado, poda tradicional tardía e cultivo integrado. Dominan os aromas primarios, cítricos e froiteiros, con certas notas florais. Acio de Prata nas Catas de Galicia 2021.
PAZO DE RUBIANES 2023
O Albariño das camelias, marca premiada co Acio de Ouro ao mellor viño branco de Galicia 2024.
Quinta de Couselo 2015
Viño DO Rias Baixas, subzona de O Rosal cun coupage de 90% albariño, 5% caíño branco e 5% Loureiro, cun traballo sobre lías de 40 meses en aceiro inoxidable e 12 meses en botella. Marca premiada co Acio de Bronce, na categoría de viños de colleitas anteriores brancos, nas Catas de Galicia 2021
Feitizo da noite
Viño espumoso DO Rías Baixas, elaborado con uva 100% albariño, fresco, moi equilibrado, cunha burbulla moi agradable e suave. Crianza de 9 - 12 meses en botella en rima. Marca premiada co Acio de Ouro na categoría de Espumosos nas Catas de Galicia 2021.
Organistrum
Viño da DO Rías Baixas que integra a audacia da uva albariño coa serenidade da crianza en barrica. Marca premiada co Acio de prata na categoría de viños de elaboracións con madeira brancos nas Catas de Galicia 2021
Gran bazán. Don Alvaro de Bazán 2018
Viño DO Rías Baixas da colleita de 2018 elaborado con uva albariño e con crianza sobre lías. Premiado co Acio de Prata na categoría de viños de colleitas anteriores brancos nas Catas de Galicia 2021.
TERRA DE ASOREI BRUT NATURE 2017
Viño espumoso monovarietal albariño, marca premiada co Acio de Ouro na categoría de Viños espumosos nas Catas de Galicia 2024.
NAI E SEÑORA 2022
Viño monovarietal albariño da DO Rías Baixas, marca premiada co Acio de Prata branco na categoría de viños de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2024.
COLECCIÓN NAI E SEÑORA 2022
Viño monovarietal de albariño, marca premiada co Acio de Prata na categoría de Viños de elaboracións en madeira nas Catas de Galicia 2024.

