MÓNICA ALBOR 2022
Viño das variedades mencía, sousón e caíño tinto, marca premiada co Acio de Ouro tinto na categoría de viños de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2024.
COTARELO 2023
Viño con 50% de sousón e 50% de brancellao da DO ribeiro, marca premiada co Acio de Ouro tinto na categoría de viños de colleiteiro e de pequenas adegas nas Catas de Galicia 2024.
MANUEL ROJO 2022
Viño elaborado coas variedades sousón, brancellao, ferrón e caíño da DO Ribeiro, marca premiada co Acio de Bronce tinto na categoría de viños de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2024.
JOAQUÍN VÁZQUEZ
Viño do 2020 elaborado coa variedade mencía cultivada en Cenlle no corazón do Ribeiro galardoado co Acio de Ouro na categoría de viños de colleitas anteriores tintos na Catas de Galicia 2022.
PRIORATO DE RAZAMONDE 2019
Vermello granate con escintilacións violáceas. Capa media-alta. Galardoado co Acio de Ouro Tinto na categoría de Viños de Colleitas Anteriores nas Catas de Galicia 2021.
Son de Arrieiro 2018
Marca premiada co Acio de Bronce na categoría de Viños de Colleitas anteriores tintos na edición 2021 da Catas de Galicia.
ALTER. Brancellao e Sousón 2018
Alter está composto polas uvas da variedade brancellao e sousón procedentes de viñedos propios. Galardoado co Acio de Ouro Tinto a Viños de Colleitas Anteriores nas Catas de Galicia 2020.

