Os Areeiros
Albariño monovarietal das Ribeiras do Morrazo. Destaca polo seu sabor afroitado, desenvolendo una acedez cun sabor longo e preciso que permanece en boca con excelente final. Acio de Ouro na categoría de viños con indicación xeográfica protegida nas Catas de Galicia 2021.
Vía Arxéntea. Godello e Treixadura 2024
Viño branco elaborado coas variedades godello (60%) e treixadura (40%), premiado co Acio de Ouro na DO Monterrei viños brancos nas Catas de Galicia 2025
ABA de Trasumia
Albariño procedente do Alto Salnés con condución en emparrado, poda tradicional tardía e cultivo integrado. Dominan os aromas primarios, cítricos e froiteiros, con certas notas florais. Acio de Prata nas Catas de Galicia 2021.
ALTER
Treixadura, godello e loureira conforman unha paleta de sabores de marcado carácter froiteiro procedentes do corazón do Ribeiro. Galardoado co Acio de Prata na categoría D.O. Ribeiro branco nas Catas de Galicia 2021 e 2023.
Gran bazán. Don Alvaro de Bazán 2018
Viño DO Rías Baixas da colleita de 2018 elaborado con uva albariño e con crianza sobre lías. Premiado co Acio de Prata na categoría de viños de colleitas anteriores brancos nas Catas de Galicia 2021.
Organistrum
Viño da DO Rías Baixas que integra a audacia da uva albariño coa serenidade da crianza en barrica. Marca premiada co Acio de prata na categoría de viños de elaboracións con madeira brancos nas Catas de Galicia 2021
Paradigma de Leive
Viño branco, novo, elaborado coas variedades treixadura, albariño e loureira. Marca premiada co Acio de Prata na categoría de viños de Colleiteiro e pequenas adegas brancos nas Catas de Galicia 2021
1040 Sameirás
Marca premiada co Acio de Bronce na categoría de viños de elaboracións con madeira branco nas Catas de Galicia 2021. Viño con dous anos en botella e irá evolucionando co tempo.
Mar de Frades
O albariño que convida a vivir en azul cada momento, envolve co seu frescor e o seu corpo, creando un equilibrio entre a delicada elegancia e o atractivo volume. Acio de Bronce nas Catas de Galicia 2021.

