O TROBO MEL DO VALADOURO
Mel multifloral procedente da comarca luguesa da Mariña, composta de aromas de breixo, eucalipto e silva. Galardoado coa distinción de Bronce nas edicións 2020 e 2021 das Catas de Galicia.
PAZO SEÑORANS Augardente de herbas
Augardente de Galicia galardoada co Pote de Ouro nas Catas de Galicia 2020. Produto de producción limitada, destilado en alambiques de cobre de xeito tradicional a fogo directo.
Quenza
Licor de Herbas premiado co Pote de Ouro nas Catas de Galicia 2020. Obtido mediante a destilación de bagazo e maceración de herbas aromáticas e medicinais durante 20 días.
Davide
Combina harmoniosamente intensidade, frescura e elegancia, produto dunha viticultura reflexiva, acredor do Acio de Ouro na categoría DO Rías Baixas nas Catas de Galicia 2020.
Gundian Albariño Brut
Das terras de Vedra, aos pés da histórica ponte Gundián, na subzona do Ulla, dentro da DO Rías Baixas, procede este espumoso, feito co albariño procedente dos seus propios viñedos, conxugando tradición e innovación. Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2020.
Lagar da Cachada
Albariño con sopro atlántico, de notas froiteiras e aroma a herba cortada. Pura frescura. Merecedor do Acio de Ouro branco na categoría de colleiteiro nas Catas de Galicia 2021.

