Pazo do Mar “Expresión”
O frescor floral da treixadura da DO Ribeiro xunto cunha coidada elaboración valéronlle o Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2020.
Pepa Porter
Este godello da DO Monterrei presenta cor pálida con reflexos limón, a luz da comarca de Verín. Acio de Ouro da súa denominación de orixe nas Catas de Galicia 2020.
Son de Arrieiro
Homenaxe aos arrieiros, elaborado coa treixadura do Val do Avia, enriquecida con lado e loureira do Val de Arnoia. Obtivo o Acio de Ouro aos viños brancos de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2020.
Vía Arxéntea Barrica. Godello e Treixadura
Tradición familiar e castes autóctonas valéronlle a este viño con traballo de lías e madeira de carballo francéns o Acio de Ouro dos viños brancos da DO Monterrei en varias edicións das Catas de Galicia.
1932 de Pazo Vieite 2018
Pura treixadura de viñedos propios da súa adega da DO Ribeiro. Galardoado co Acio de Prata de viños brancos de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2020.
Noelia Bebelia 2020
Albariño da subzona de Soutomaior, expresión pura do terroir. O minimalismo feito viño. Acio de Prata nas Catas de Galicia 2020.
Vicius
Vicius elabórase a partir da selección de mostos flor, que pasan a fermentar en barricas novas de carballo francés de toste medio. Acio de Prata na categoría de elaboracións con madeira brancos na edición 2020 das Catas de Galicia.
Davila
Uvas albariño, loureiro e treixadura, que proceden unicamente de viñedos situados na zona do Rosal, explican a intensidade e o carácter afroitado deste viño galardoado co Acio de Bronce dos viños DO Rías Baixas brancos nas Catas de Galicia 2020.
Pazo Casanova
Da marxe dereita do Miño, onde se asentan as leiras A Cerca e Pazo, sobre chan granítico e xistos, proceden as uvas de treixadura, godello, albariño e loureira, que se vendiman a man para obter este viño da DO Ribeiro, galardoado co Acio de Bronce de viños brancos nas Catas de Galicia 2020.

