FONTELAS San Simón da Costa 1kg
Queixo elaborado con leite fresco de vaca, cunha curación mínima de 45 días e afumado con madeira de bidueiro. Marca premiada ca distinción de Ouro na DOP San Simón da Costa nas Catas de Galicia 2021 e 2024.
QUEINAGA Queixo Tetilla 1000g
Elaborado respectando a tradición, presenta a súa característica forma cónica e cor amarela natural. Marca premiada ca distinción de Bronce na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2024.
QUEINAGA Arzúa-Ulloa 800g
Queixo elaborado con leite pasteurizado. Presenta unha forma lenticular ou cilíndrica cos cantos redondeados. Marca premiada ca distinción de Ouro na DOP Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2021, 2022 e 2024.
PAZO DE ANZUXAO Arzúa-Ulloa 1000g
Na rexión do Deza, rodeado dunha contorna privilexiada, está o Pazo de Anzuxao, onde dende hai máis de corenta años, se atopan as instalacións desta fábrica tradicional de queixos, galardoado coa Distinción de Prata na categoría Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2020, 2022 e 2024.
DON CRISANTO San Simón da Costa 1000g
Queixo tradicional, curado e afumado con madeira de bidueiro. Ten un mínimo de 45 días de curación. Marca premiada coa distinción de Ouro na DOP San Simón da Consta nas Catas de Galicia 2023 e Prata nas do 2020 e 2024.
DON CRISANTO Queixo Tetilla 1000g
Don Crisanto é un queixo graxo madurado de pasta branda, cremosa, moi uniforme e con apenas ollos. Marca premiada coa distinción de Ouro na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2023 e Prata no 2021 e 2024.
TERRA DE MELIDE QUEIXO TETILLA
Elaborado con leite procedente das pequenas gandeirías da súa contorna, nesta queixería familiar asentada no rural, que obtivo a Distinción de Bronce na edición 2021 das Catas de Galicia e Ouro no 2024.
TERRA DE MELIDE ARZÚA-ULLOA
Este queixo de carácter cremoso e pasta branda de cor uniforme, entre branca marfil e amarela foi acredor das Distincións de Prata nas Catas de Galicia 2021 e de Bronce nas edicións 2020 e 2024.

