DIQUEIXA Arzúa-Ulloa 900g
Queixo de sabor suave, lixeiramente salgado e un chisco ácido que nos lembra ao seu artesanado, o que lle valeu a Distinción de Ouro na categoría Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2021.
BARRAL Arzúa-Ulloa 550g
Queixo de aroma lácteo que lembra a manteiga e iogur, galardoado coa Distinción de Bronce nas Catas de Galicia 2021.
QUEINAGA Arzúa-Ulloa 800g
Queixo elaborado con leite pasteurizado. Presenta unha forma lenticular ou cilíndrica cos cantos redondeados. Marca premiada ca distinción de Ouro na DOP Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2021, 2022 e 2024.
PAZO DE ANZUXAO Arzúa-Ulloa 1000g
Na rexión do Deza, rodeado dunha contorna privilexiada, está o Pazo de Anzuxao, onde dende hai máis de corenta años, se atopan as instalacións desta fábrica tradicional de queixos, galardoado coa Distinción de Prata na categoría Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2020, 2022 e 2024.
ARTELAC NABIZA
Queixo Azúa- Ulloa Curado, tamén coñecido como queixo da nabiza, queixo do tempo dos nabos ou queixo do ano. Ten un período de maduración mínimo de seis meses. Distinción de Ouro na categoría DOP Arzúa-Ulloa Curado nas Catas de Galicia 2020 e 2021. Elaborado con leite pasteurizado de vaca producido na propia explotación.
ARTELAC
Artelac é un queixo con DOP Arzúa-Ulloa, con pasta de cor uniforme, entre a branca marfil e a amarela pálida e textura cremosa.
BO-QUEIXO
Bo-Queixo é un produto elaborado nas faldras do Pico Sacro, concretamente na pequena aldea de Orto, no concello de Boqueixón. Gañador da distinción de Bronce na DOP Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2022.
TERRA DE MELIDE ARZÚA-ULLOA
Este queixo de carácter cremoso e pasta branda de cor uniforme, entre branca marfil e amarela foi acredor das Distincións de Prata nas Catas de Galicia 2021 e de Bronce nas edicións 2020 e 2024.

