Viña Armenteira 2020
Augardente de Galicia galardoada co Pote de Ouro nas Catas de Galicia 2021. De aroma fragante, floral, fino e explosivo.
Abadía da Cova
Licor Café obtido mediante maceración de café de tostadura natural no alcol e/ou destilación do bagazo en presencia de café. Galardoado co Pote de Prata nas Catas de Galicia 2021.
PAZO DE VALDOMIÑO Augardente
Augardente de Galicia galardoada co Pote de Prata nas Catas de Galicia 2021.
Terras de Lantaño Licor de Herbas
Licor de Herbas galardoado co Pote de Prata nas Catas de Galicia 2021. Elaborado mediante maceración en frío da nosa augardente de bagazo de uva albariño.
A illa
Viño albariño procedente do Salnés, limpo e con moito brillo, galardoado co Acio de Ouro na categoría de Viños de colleiteiro y de pequenas adegas branco nas Catas de Galicia 2021.
Almalarga
Viño elaborado con uva godello procedente de viñedos dos escarpados bancais característicos da Ribeira Sacra, galardoado co Acio de Ouro na categoría de elaboracións con madeira brancos nas Catas de Galicia 2021.
Feitizo da noite
Viño espumoso DO Rías Baixas, elaborado con uva 100% albariño, fresco, moi equilibrado, cunha burbulla moi agradable e suave. Crianza de 9 - 12 meses en botella en rima. Marca premiada co Acio de Ouro na categoría de Espumosos nas Catas de Galicia 2021.
Manuel Rojo
Viño branco único e concentrado, cun sutil e elegante fondo mineral. Os seus potentes sabores afroitados envólvennos dende o primeiro momento acompañados de elegantes notas cremosas, proporcionadas por uvas de treixadura, lado, godello e albariño. Galardoado co Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2021.
Noelia Bebelia
Albariño da subzona de Soutomaior, expresión pura do terroir. O minimalismo feito viño. Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2021.

