LABREGA MEL
Mel monofloral de castiñeiro, colleitado polas súas abellas nas fragas do canón do río Navea, entre castiñeiros e carballos centenarios, que achegan no padal un sabor doutra época.Galardoado coa distinción de Bronce na súa categoría nas Catas de Galicia 2021.
O PODER DAS FLORES Breixo
Este mel de breixo colléitase na contorna do Val do Ouro (Alfoz). Gañador da distinción de Prata na categoría de Meles monoflorais nas Catas de Galicia 2023.
MANUEL SANDE
Mel de cor vermella, escura e limpa. O seu olor é eminentemente floral e persistente. A súa composición conxuga néctar de trevo, silva, brezo, carballo e diferentes plantas silvestres. Obtivo a distinción de Prata na categoría Multifloral das Catas de Galicia 2021 e 2022.
HORTA DAS COLMEAS
Este mel, polas súas características organolépticas, amosa un sabor doce con notas salgadas. Obtivo a distinción de Ouro na categoría multifloral das Catas de Galicia 2021 e o bronce no 2022.
O TROBO MEL DO VALADOURO
Mel multifloral procedente da comarca luguesa da Mariña, composta de aromas de breixo, eucalipto e silva. Galardoado coa distinción de Bronce nas edicións 2020 e 2021 das Catas de Galicia.
COELERNIS
Mel de castiñeiro, silva, xesta e mielato de carballo, o que lle achega un alto contido en sales minerais e antioxidantes. Distinción de Ouro na categoría mel de Bosque nas Catas de Galicia 2021.
MEL O TESTEIRO
Mel de castiñeiro en estado líquido, de cor ámbar, con moita fluidez, procedente da Serra do Candán. Obtivo a distinción de Prata na categoría de meles Monoflorais nas Catas de Galicia 2021 e de Bronce nas do 2020.

