Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Ponlles cara
José Manuel Fernández
Mel Manuel Sande
Son José Manuel Fernández Sande produtor de mel amparado pola IXP Mel de Galicia. Considero que comecei nesta actividade como continuidade ao traballo desenvolvido pola miña familia. Do meu avó, Constantino Sande, aprendín a importancia das abellas para o noso planeta.
Ponlles cara
Diego Rodríguez
Adegas Don Bernardino
O meu nome é Diego Rodríguez Capón, teño 35 anos, son enólogo e formo parte da 5ª xeración da adega. Don Bernardino comeza no ano 1860 cando a nosa avoa Ánxela nace na ribeira de Lobios, na Ribeira Sacra. Ela foi a primeira xeración e a que empezou coa plantación de viñedos na actual zona de Chanteiro. A miña vinculación co mundo do viño é dende pequeno, cando ía co meu pai Emilio e o meu avó Bernardino podar e vendimar.
Ponlles cara
Adrián
Queixos Castelo de Brañas S.L.
Son Adrián de Queixos Castelo de Brañas, estamos situados na entrada do Camiño Francés en Galicia, na localidade lucense de Pedrafita do Cebreiro, entre as montañas dos Ancares e O Courel.
Ponlles cara
José Moreno
SANTA MARTA BODEGAS
Somos unha adega con xente nova que nos encanta este mundo, fomos os primeiros que elaboramos un tostado en Valdeorras e un tinto e un rosado de sousón 100% . Gústanos que os nosos viños sexan o máis representativos da comarca e da variedade e que iso se transmita en cada botella o máis natural posible.
Ponlles cara
Carmen
Queinaga, SAT
Son Carmen da Queixería Queinaga situada no concello de Curtis, unha zona de produción de leite e con gran tradición queixeira. A nosa actividade queixeira comeza co obxectivo de revalorizar a produción de leite propia.
Ponlles cara
Miguel Oliveira
Pazo de Valdomiño, S.A.
Son Miguel Oliveira de Pazo de Valdomiño. Comecei este proxecto empresarial no ano 1996, aínda que era moi mozo tiña unha gran experiencia no sector pola vinculación familiar. O alambique que de neno me gustaba visitar con meu pai acabou convertíndose no meu modo de vida.
Ponlles cara
Isabel Barral
Queixería Barral
Na Queixería Barral traballamos duro para manter vivo o sabor dos seus queixos DOP Queixo Tetilla e DOP Arzúa-Ulloa, poñendo en valor o esforzo de 30 anos de mestres queixeiros.
Ponlles cara
Carlos Carrión Álvarez
ADEGA PACO & LOLA
Son Carlos Carrión Alvarez presidente da Cooperativa Vitivinícola Arousá e no Salnés a maioría da xente por tradición, sempre estivemos vinculados a este sector.
Un dos praceres que ten dirixir esta adega é saber que contribuímos a facer feliz a moita xente, compartindo bos momentos con amigos e familiares.
Ponlles cara
Juan Carlos Varela
S.A.T. Virxen dos Remedios
É importante que a xente saiba que cando saborea un viño Ribeira Sacra, é moito máis que viño, aí dentro desa botella hai moito esforzo, hai patrimonio, tradición e natureza.