TERRA DE ASOREI SELECCIÓN PRIVADA
Selección privada Terra de Asorei, marca premiada co Acio de Bronce, na categoría viños de colleitas anteriores brancos nas Catas de Galicia 2020. Edición limitada para un albariño con crianza en lías de 12 meses.
Acivro
Viño tinto Ribeira Sacra Summum das variedades mencía (95%) e garnacha (5%). Galardoado co Acio de Ouro na categoría de viños de colleiteiro e pequenas adegas nas Catas de Galicia 2020.
Acivro Barrica
Viño tinto DO Ribeira Sacra Summum que permanece nove meses en barrica de 500 litros de carballo francés. Marca galardoada co Acio de Ouro, na categoría de viños de elaboracións con madeira tintos, nas Catas de Galicia 2020.
ALTER. Brancellao e Sousón 2018
Alter está composto polas uvas da variedade brancellao e sousón procedentes de viñedos propios. Galardoado co Acio de Ouro Tinto a Viños de Colleitas Anteriores nas Catas de Galicia 2020.
PRÓMINE
Moi limpo e brillante, con capa media alta, de cor vermella cereixa intensa. Galardoado co Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2022.
Tradición
De cor negra picota, moi ensamblado entre as súas variedades, deixa na copa trazas da súa vinosidade.
Quinta das Tapias 10
Cor vermella granate intensa, reberete violáceo. Boa bágoa. Acio de bronce nas Catas de Galicia 2020.

