Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Ponlles cara
Víctor Rodríguez López
Val da Lenda
Levo Val da Lenda coa responsabilidade de manter viva a tradición familiar de Amandi, no corazón da Ribeira Sacra. Vivo cada viño como o resultado dun traballo compartido entre a terra, o esforzo e o respecto pola nosa paisaxe. E dedícome a facer medrar este proxecto con orgullo, defendendo a nosa identidade e a esencia da viticultura heroica.
Ponlles cara
Tania
Bodegas Petrón S.L.
A miña responsabilidade en Bodegas Petrón é a elaboración, coidado e embotellamento do viño coa supervisión do enólogo da nosa adega.
Ponlles cara
IVAN GOMEZ
REGINA VIARUM
Hoxe Regina Viarum é moito máis que un viño, é símbolo do orgullo das cousas ben feitas, do valor de saber esperar a excelencia. É o resultado da sabedoría herdada dos plebeyos romanos, dos monxes e de todos aqueles que creron e cremos nela.
Ponlles cara
Diego Rodríguez
Adegas Don Bernardino
Son Diego e formo parte da 5ª xeración da Adega Don Bernardino.
Na actualidade, considero fundamental non só preservar a riqueza vitícola da nosa terra, senón tamén transmitir a historia e o esforzo que hai detrás dela. Poder dar a coñecer estes viños únicos e singulares por todo o mundo supón un motivo de orgullo persoal e profesional.
Ponlles cara
ISABEL FERNANDEZ
Bodega Gullufre
Adega Gullufre é unha pequena adega familiar situada no concello de Sober, pertencente á D.O. Ribeira Sacra, subzona Amandi. A Ribeira Sacra é unha zona vitícola con moito futuro pola calidade dos seus viños, zona coñecida como viticultura heróica onde producimos Romeo Domain un viño exclusivo e de produción limitada
Ponlles cara
Jorge Feijoo
Adega Vella Xeracións, SL
Situada no pobo de Abeleda, en Ourense, Adega Vella comeza o seu percorrido no ano 2005, no seo dunha casa datada no século XII que reconstruíron co paso do tempo
Ponlles cara
César Enríquez
Adega Cachín, S.L.
Adega Cachín cultiva trece hectáreas de viñedos, das cales cinco atópanse na parcela que lle dá nome e prestixio pola excelente materia prima que produce.
Ponlles cara
Juan Carlos Varela
S.A.T. Virxen dos Remedios
É importante que a xente saiba que cando saborea un viño Ribeira Sacra, é moito máis que viño, aí dentro desa botella hai moito esforzo, hai patrimonio, tradición e natureza.
Ponlles cara
Carlos
ADEGA D´FRAN, S.C.
Esta é unha adega familiar e definense como artesáns capaces de crear estados de conciencia no catador grazas a viños sinxelos, con corpo, para os amantes do viño e para aqueles cuxo padal comeza a espertar.