David
Chámome David e traballo como encargado en Leive Ecoadega dende hai algo máis de cinco anos. Traballamos con respecto polo patrimonio e polo medio e con criterios de sostenibilidade, así o certifica o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Facemos todo con agarimo, pensando en ofrecer a máxima calidade aos consumidores de Leive, que son para nós, máis que clientes, amigas e amigos.